viernes, 27 de noviembre de 2015

HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES

Os de 4º de ESO xa podedes descargar o tema que estamos a ver en clase.

 HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES


 IMPORTANTE!
Xa vos adianto que decidín definitivamente que o venres que ven (día 4 de decembro) o exame sexa só de recuperación dos temas anteriores. Os que non tedes nada que recuperar faredes unha proba con problemas e preguntas deste tema mentres os demais fan o exame. Esa proba puntuará na nota final, en realidade servirá para subir a nota (NON DESCONTARÁ NADA NA VOSA MEDIA). Paréceme un bo premio para aqueles que fúchedes traballando durante todo o trimestre. Así que non vos agobiedes coa materia.
O exame correspondente a este tema se o rematamos antes das vacacións poderémolo facer na semana final deste trimestre (semana do 14 ao 18 de decembro) ou ben na primeira semana á volta das vacacións de Nadal.
Eso si, a data de entrega da ficha de reforzo segue a ser o día 9 de decembro.
Lembrovos a todos que unha nota inferior a un 3,5 non fai media e que polo tanto é preciso facer a recuperación desa nota. Só é obrigatorio facer a recuperación do exame con nota inferior a 3,5, aínda que se a algún de vos non lle chega a media a pesar de ter dúas notas por riba do 3,5 poderá facer recuperación do exame do que teña menos nota para tentar chegar ao aprobado.
Todo esto o comentamos esta semana que ven na clase e aclaro as dúbidas de quen ten que facer ou non unha recuperación.
Un saúdo e bo fin de semana

No hay comentarios:

Publicar un comentario