sábado, 31 de octubre de 2015

A INFORMACIÓN XENÉTICA

Xa dispoñedes do tema que estamos a ver na clase. Premede na seguinte ligazón
A información xenética

Leer más...

domingo, 18 de octubre de 2015

O DESCUBRIMENTO DO ADN

Aquí tedes unha ligazón para enterarvos de como ocorreu un dos grandes avances da investigación biolóxica, o descubrimento do ADN. Sen descoidar ademais o papel que xogou unha muller, pouco recoñecida ate ben pouco, no proceso. A magnífica científica Rosalind Franklin:
Vai por ti Rosalind! (onde queira que estés):
O descubrimento do ADN


Leer más...

sábado, 10 de octubre de 2015

A TERRA: O NOSO PLANETA

Os de 1º Bacharelato xa tedes dispoñible o tema que estamos a ver na clase. Para acceder premede na seguinte ligazón:
A TERRA

Leer más...

CERTAME DE DEBUXO DO GRUPO NATURALISTA HÁBITAT

Aquí tedes toda a información que precisades para participar no certame de debuxo do que falamos en clase. Lembrade que tedes para facer os vosos debuxos ata o 6 de novembro. Segundo as bases do certame: "As obras terán que achegarse nun sobre e debidamente protexidas (no interior dunha carpeta ríxida, ou similar). No interior do sobre terase que incluír outro sobre máis no que se deberá introducir a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada, xunto cunha fotocopia do DNI, pasaporte ou carné de conducir do autor, ou do seu representante legal de ser o caso. Deste xeito, cada participante entregará dous sobres (un dentro do outro) que conterán a obra -ou obras- e a documentación pertinente." 
É dicir, que os que sexades menores tedes que pedirlle ao voso titor legal unha fotocopia do DNI, os demais presentaredes unha fotocopia do voso DNI. Ademais fixádevos que precisades dous sobres, un máis pequeno no que introduciredes a ficha de inscrición e a fotocopia do DNI que corresponda e outro maior onde meteredes este pequeno e o cartafol ou similar co debuxo.

A entrega do paquete poderá facerse polas seguintes vías:
 Persoalmente: para o cal cada participante deberá poñerse en contacto
previamente co persoal do G.N. Hábitat no seu teléfono <981 135 014> ou correo electrónico <gnhabitat@yahoo.es>, para coordinar o momento e lugar
da entrega dentro do prazo sinalado.
 Por correo ordinario ou axencias de envío á dirección GRUPO NATURALISTA HÁBITAT
Rúa Camariñas, 8. Baixo.   15002, A Coruña. Estes envíos deberán ser remitidos coa antelación suficiente para que sexan entregados no destino dentro do prazo de entrega indicado. Os custos de envío correrán a cargo dos participantes. 
 Se algún de vos queredes entregarmo a mín deberedes darme o sobre con todo (debuxo, e sobre pequeno coa ficha de inscrición cuberta e a fotocopia do DNI) antes do 31 de Outubro para ter tempo suficiente para facelos chegar a Hábitat.
Se queredes a información completa:
Certame de debuxo Hábitat
Se queredes acceder ás bases:
Bases Reguladoras
Se queredes a ficha de inscrición:
Ficha de inscrición

Leer más...