martes, 28 de septiembre de 2010

Actualidade científica

Nestes enlaces tedes algunhas noticias de interese relacionadas coas ciencias.
Follas artificiais capaces de xerar enerxía eléctrica:
Follas artificiais

A sonda Cassini que viaxou ata Saturno envíanos imaxes sorprendentes:
Imaxe Saturno
Leer más...

martes, 21 de septiembre de 2010

Premio para a divulgación científica galega

O laboratorio de Ecoloxía e Evolución e o grupo Divulgare da Universidade de Vigo veñen de acadar un prestixioso premio da revista "The Scientist",  a nova sobre este recoñecemento podedes vela no seguinte enlace:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/09/17/the-scientist-premia-video-reptiles-cies/473739.html

Se queredes ver o vídeo facede clic no seguinte link:


Leer más...

lunes, 20 de septiembre de 2010

Riscos e Catástrofes naturais

Aquí tedes o Power Point do tema de riscos e catástrofes naturais da materia Ciencias para o Mundo contemporáneo
Presentacións de clase 
Leer más...

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Planetas que xiran ao revés

Venus e Urano son os únicos planetas do sistema solar que xiran ao revés (sentido retrógrado), é dicir de Este a Oeste. Hoxe ímos tentar saber algo máis sobre Venus, o máis cercano a nós, e que ten características sorprendentes como unha atmosfera tan densa que nos esmagaría se pisáramos a súa superficie ou cunha temperatura media que se achega os 460ºC. Clicáde no vídeo para saber máis

Leer más...

lunes, 13 de septiembre de 2010

Liña de alta tensión polas Fragas do Eume

Como sabedes as Fragas do Eume son parque natural é constitúen un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa con importancia vital na flora e fauna, e especial interese na herpetofauna, non so de Galicia senon de toda a Península é con  endemismos ibéricos como o pintafontes común (Lissotriton boscai = Triturus boscai),  a ra patilonga (Rana iberica) ou a lagartixa das serras (Iberolacerta monticola) e mesmo endemismos do noroeste ibérico tan importantes como a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica). Ademais o parque destaca pola súa variedade en invertebrados, en avifauna, especialmente como zona de nidificación de rapaces, a súa importancia como enclave de mamíferos, e o seu nivel de conservación de bosques riparios.
Se queredes saber máis podedes clikar aquí:
http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespazo_cas.jsp?COD_ESPAZO=37&ID_CATEGORIA=4

No link que tedes a continuación infórmanos de que Unión Fenosa ven de presentar  á consellería do Medio Rural un proxecto para mellorar a liña en determinados núcleos rurais. Botarlle unha ollada a noticia.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/09/10/0003_8717325.htm
Tamén debedes pescudar o significado de todos os termos que non entendades.
Leer más...

jueves, 9 de septiembre de 2010

Un Dinosaurio con xiba ("joroba")

Que mellor forma para estrear este blog que con esta boa nova!, os grandes paleontólogos non son exclusivamente extranxeiros, en España hainos e de calidade. E se non o credes botade unha ollada o seguinte enlace:

Diario de Navarra
Leer más...