lunes, 13 de septiembre de 2010

Liña de alta tensión polas Fragas do Eume

Como sabedes as Fragas do Eume son parque natural é constitúen un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa con importancia vital na flora e fauna, e especial interese na herpetofauna, non so de Galicia senon de toda a Península é con  endemismos ibéricos como o pintafontes común (Lissotriton boscai = Triturus boscai),  a ra patilonga (Rana iberica) ou a lagartixa das serras (Iberolacerta monticola) e mesmo endemismos do noroeste ibérico tan importantes como a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica). Ademais o parque destaca pola súa variedade en invertebrados, en avifauna, especialmente como zona de nidificación de rapaces, a súa importancia como enclave de mamíferos, e o seu nivel de conservación de bosques riparios.
Se queredes saber máis podedes clikar aquí:
http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespazo_cas.jsp?COD_ESPAZO=37&ID_CATEGORIA=4

No link que tedes a continuación infórmanos de que Unión Fenosa ven de presentar  á consellería do Medio Rural un proxecto para mellorar a liña en determinados núcleos rurais. Botarlle unha ollada a noticia.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/09/10/0003_8717325.htm
Tamén debedes pescudar o significado de todos os termos que non entendades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario