sábado, 1 de diciembre de 2012

PESTICIDAS-PÁRKINSON: UNHA RELACIÓN PARA POÑERSE A TREMER

Un equipo de investigadores dirixido polo galego Francisco Pan-Montojo veñen de demostrar a preocupante relación entre o consumo de pesticidas e a enfermidade do Párkinson.
A inxesta de alimentos tratados con pesticidas, asimilados a nivel intestinal, provoca  a alteración dun produto proteico que é transportado dende as neuronas que forman os nervios intestinais ata o sistema nervioso central, e dicir o noso cerebro, coas consecuencias que xa desgraciadamente coñecemos.
¡Outra razón máis para apuntarse a agricultura ecolóxica e ós alimentos da nosa horta!
Premede na ligazón para ver a nova: Pesticidas e Párkinson
Leer más...

martes, 27 de noviembre de 2012

TRANSPORTER

E non me estou a referir a famosa triloxía de películas de acción protagonizadas por Jason Statham, senón os fagos, que como sabedes, son virus que infectan bacterias.

Un grupo de científicos dirixidos pola famosa investigadora española Margarita Salas ven de facer un descubrimento sorprendente e inesperado que tería múltiples aplicacións para transportar xenes entre células de distinto tipo.

Ademais podería supor unha importancia maior destes virus da que pensabamos ata este momento no proceso evolutivo, pola súa influenza na variabilidade.
Botádelle unha ollada a ligazón: Fagos transportadores
Leer más...

lunes, 26 de noviembre de 2012

DINÁMICA TERRESTRE (TECTÓNICA DE PLACAS)

Xa podedes acceder a presentación de clase sobre o tema da dinámica terrestre.
Premede na ligazón: Presentacións profesor
Moita sorte durante o curso!
Leer más...

ATMOSFERA (IES AS BARXAS)

Aquí tedes a presentación co que dimos en clase do tema da atmosfera. Premede na seguinte ligazón para acceder a ela: Presentacións profesor
Un saúdo para todos, e moita sorte durante o curso!
Leer más...

miércoles, 31 de octubre de 2012

Deixa de Fumar! Vivirás máis!

Un estudo científico, publicado na prestixiosa revista de mediciña "The Lancet", establece que a esperanza de vida das fumadoras diminúe (ata dez anos) canto máis tarden en deixar a adicción.
Así mesmo, o estudo tamén reflicte que o risco de morte aumenta co número de cigarrillos.
Deixar de fumar alonga a vida
Leer más...

SUICIDIO CELULAR NAS CÉLULAS CANCERÍXENAS

Cando as células sanas sofren algunha alteración importante que pon en risco as súas células veciñas ou o tecido o que pertencen...¡Suicídanse!. É o que os científicos chaman apoptose ou "morte celular programada".
Xa fai tempo que os científicos descubriron que as células tumorais (as que provocan cancro) sáltanse este control celular e crecen rápidamente manténdose en estado "xuvenil" polo que son consideradas células inmortais.
Investigadores dun laboratorio de Nova York identificaron a proteína que lles permite as células canceríxenas crecer indefinidamente e sen control.
Este equipo de científicos foi capaz de neutralizala conseguindo que as células do tumor estivesen de novo baixo control e respetasen a apoptose.
Bótalle unha ollada a nova: Sucidio de células tumorais


Leer más...

viernes, 12 de octubre de 2012

METEORITO MARCIANO

Descobren en Marrocos un meteorito procedente de Marte que se desprendeu do planeta hai uns 700000 anos.

Segundo os científicos é excepcional porque é relativamente recente a outros caídos na Terra o que supón unha mellor conservación e, en consecuencia, permitirá coñecer máis sobre a evolución xeolóxica de Marte.
Premede na seguinte ligazón para ver a nova Meteorito marciano
Leer más...

jueves, 4 de octubre de 2012

Saúde Humana

Aquí tedes o impartido en clase. Premede na ligazón para acceder
 Presentacións profesor
Un saúdo, e moita sorte durante o curso!
Leer más...

A Célula

Xa tedes a vosa disposición a parte que impartín do tema da célula. Para acceder a ela premede na ligazón Presentacións profesor
Un saúdo para todos e moita sorte durante o curso.
Leer más...

miércoles, 22 de agosto de 2012

SATURNO DEVORANDO A UN FILLO?

O título da entrada do blog é un xogo de palabras co famoso cadro de Goya, e evidentemente non ten que ver co planeta do noso sistema solar, senón ca idea de que as nebulosas orixinan  nas zonas de máxima concentración de materia as estrelas, e a partir dos restos máis alonxados os planetas e outros corpos celestes; e aínda que astronómicamente é un proceso simultáneo, os planetas fórmanse a partir dos materiais afastados do núcleo estelar e en certo modo tendo a consideralos "fillos" da estrela ou estrelas "nai" que "ceden" parte da que podería ser a súa materia para orixinalos.
A razón de ser desta entrada débese a que un grupo de científicos, entre os que está a investigadora española Eva Villaver, veñen de descubrir un planeta que foi devorado pola súa estrela.
Podería esto pasarnos a nós?
O noso sistema solar formouse hai uns 4600 m.a. a partir dunha nebulosa primixenia, cuxo núcleo máis concentrado e quente orixinou a nosa estrela, o sol, e os xiróns derivados, os demais corpos celestes incluindo os planetas.
Hoxe sabemos, que as estrelas non son corpos inmutables e dependendo das súas características, sobre todo o tamaño, poden ter un destino ou outro pasando por sucesivas fases estelares. As estrelas que se atopan na chamada secuencia principal (xigantes azuis, ananas amarelas como o noso sol...) son estrelas inequívocamente xoves que acabarán por transformarse en xigantes vermellas cando rematen o seu combustible (o hidróxeno); a partir deste punto comeza o envellecemento das estrelas que pode seguir distintos camiños dependendo da masa inicial da estrela: novas, ananas blancas, ananas negras,supernovas, estrelas de neutróns,buratos negros... O conxunto das distintas fases polas que atravesa unha estrela denomínase evolución estelar.
O noso o Sol, a pesar de constituír case o 99% da masa do noso sistema solar, é unha estrela máis ou menos pequena e no seu devenir estelar, cando remate o seu combustible (o hidróxeno) pasará por unha fase de xigante vermella na que crecerá ata engulir posiblemente a Mercurio e Venus, a Terra xa sería inhabitable por mor da temperatura; con posterioridade pasará por unha fase medianamente explosiva de nova que arrasaría o que quedara do noso planeta.

Botádelle unha ollada a nova aparecida nun xornal nestes días:
Planeta devorado pola súa estrela

E se vos preocupa o noso destino inevitable podedes premer aquí:
A Terra engulida polo Sol

Leer más...

martes, 21 de agosto de 2012

ARTE RUPESTRE GALEGO

Un equipo multidisciplinar galego-catalán ven de descubrir as primeiras mostras de pinturas rupestres do noroeste penínsular na Cova de Eirós en Triacastela (Lugo).
Os científicos aseguran que poderían chegar aos 30000 anos; momento no que convivían na península dúas especies de humanos: a nosa, Homo sapiens, e os nosos primos cercanos, Homo neanderthalensis.



Botádelle unha ollada a ligazón da nova: Arte rupestre galego

Para saber máis:

Paleontoloxía Humana
Leer más...

jueves, 9 de agosto de 2012

O CEBRACABEZAS DA EVOLUCIÓN HUMANA

Veñen de confirmar a especie Homo rudolfensis como coetánea de Homo habilis e Homo erectus hai uns 2 millóns de anos.





Botádelle unha ollada a seguinte ligazón:
Homo rudolfensis existiu

Leer más...

miércoles, 11 de julio de 2012

ATAPUERCA EN 3D

Xa é posible ver, no museo dos famosos xacementos, un paquete de catro vídeos en 3D que reflexan a vida cotiá dos homínidos que viviron nesta serra burgalesa. É un xeito máis para achegarnos a nosa historia evolutiva.

Atapuerca en 3D
Leer más...

AS CÉLULAS "ANDAN A EMPURRÓNS"

Científicos españois demostran que as células dos organismos pluricelulares, como nós, móvense empurrándose unhas a outras, incluso ata 1mm por día. O contacto e o movemento celular son esenciais en moitísimos procesos fisiolóxicos. De feito, a falta de control nestes procesos está relacionada con procesos canceríxenos.

As células "andan a empurróns"
Leer más...

MÁIS LUZ SOBRE A MATERIA ESCURA

Un dos enigmas actuais no estudo do Universo é a existencia e a natureza da denominada materia escura que se calcula pode constituír ata o 80% da materia total existente. Un equipo de investigadores estadounidenses ven de establecer a primeira "radiografía" desta materia entre dous cúmulos de galaxias.

Preme na seguinte ligazón: O "esqueleto" da materia escura


Leer más...

jueves, 5 de julio de 2012

GRANDES MEDUSAS NO MEDITERRÁNEO

Aparecen no Mediterráneo especímenes da medusa Rhizostoma luteum, unha especie rara que pode chegar aos 40 Kg.

Rhizostoma luteum
Leer más...

OCÉANOS EXTRATERRESTRES

Titán, un dos satélites de Saturno, posúe mares na súa superficie segundo os datos que nos chegan da sonda Cassini




Leer más...

jueves, 19 de abril de 2012

EXPERIMENTO DE HERSEY E CHASE

Na seguinte ligazón tedes un flash do experimento de Hersey e Chase (1952)
Experimento

Leer más...

domingo, 8 de abril de 2012

PLACAS TECTÓNICAS

Unión de varios cortos en formato documental que resumo a idea xeral da Tectónica Global e as súas consecuencias máis evidentes: volcáns e terremotos.





Leer más...

FALLA DE SAN ANDRÉS

Corto documental onde explica as circunstancias que concorren na famosa falla de San Andrés:



Leer más...

jueves, 1 de marzo de 2012

Tema: Perpetuación da vida

Aquí tedes o que dimos do tema de perpetuación da vida, lembrade que básicamente seguimos o libro. ¡Moita sorte no exame! Presentacións profesor
Leer más...

martes, 14 de febrero de 2012

miércoles, 8 de febrero de 2012

Bomba de Na-K

Este é un vídeo explicativo e moi sinxelo do funcionamento da bomba de sodio-potasio.
Leer más...

jueves, 2 de febrero de 2012

viernes, 27 de enero de 2012

Formas acelulares

Xa tedes a vosa disposición o tema "Formas acelulares" en formato pdf. Premede na ligazón Presentacións profesor
Leer más...

miércoles, 25 de enero de 2012

sábado, 21 de enero de 2012

Tema: Bacterias

Dende aquí podedes acceder ó tema de "Bacterias" premendo na seguinte ligazón Presentacións profesor
Leer más...

Tecidos animais

Xa podedes acceder o tema de tecidos animais. Premede na seguinte ligazón Presentacións profesor
Leer más...