miércoles, 22 de agosto de 2012

SATURNO DEVORANDO A UN FILLO?

O título da entrada do blog é un xogo de palabras co famoso cadro de Goya, e evidentemente non ten que ver co planeta do noso sistema solar, senón ca idea de que as nebulosas orixinan  nas zonas de máxima concentración de materia as estrelas, e a partir dos restos máis alonxados os planetas e outros corpos celestes; e aínda que astronómicamente é un proceso simultáneo, os planetas fórmanse a partir dos materiais afastados do núcleo estelar e en certo modo tendo a consideralos "fillos" da estrela ou estrelas "nai" que "ceden" parte da que podería ser a súa materia para orixinalos.
A razón de ser desta entrada débese a que un grupo de científicos, entre os que está a investigadora española Eva Villaver, veñen de descubrir un planeta que foi devorado pola súa estrela.
Podería esto pasarnos a nós?
O noso sistema solar formouse hai uns 4600 m.a. a partir dunha nebulosa primixenia, cuxo núcleo máis concentrado e quente orixinou a nosa estrela, o sol, e os xiróns derivados, os demais corpos celestes incluindo os planetas.
Hoxe sabemos, que as estrelas non son corpos inmutables e dependendo das súas características, sobre todo o tamaño, poden ter un destino ou outro pasando por sucesivas fases estelares. As estrelas que se atopan na chamada secuencia principal (xigantes azuis, ananas amarelas como o noso sol...) son estrelas inequívocamente xoves que acabarán por transformarse en xigantes vermellas cando rematen o seu combustible (o hidróxeno); a partir deste punto comeza o envellecemento das estrelas que pode seguir distintos camiños dependendo da masa inicial da estrela: novas, ananas blancas, ananas negras,supernovas, estrelas de neutróns,buratos negros... O conxunto das distintas fases polas que atravesa unha estrela denomínase evolución estelar.
O noso o Sol, a pesar de constituír case o 99% da masa do noso sistema solar, é unha estrela máis ou menos pequena e no seu devenir estelar, cando remate o seu combustible (o hidróxeno) pasará por unha fase de xigante vermella na que crecerá ata engulir posiblemente a Mercurio e Venus, a Terra xa sería inhabitable por mor da temperatura; con posterioridade pasará por unha fase medianamente explosiva de nova que arrasaría o que quedara do noso planeta.

Botádelle unha ollada a nova aparecida nun xornal nestes días:
Planeta devorado pola súa estrela

E se vos preocupa o noso destino inevitable podedes premer aquí:
A Terra engulida polo Sol

Leer más...

martes, 21 de agosto de 2012

ARTE RUPESTRE GALEGO

Un equipo multidisciplinar galego-catalán ven de descubrir as primeiras mostras de pinturas rupestres do noroeste penínsular na Cova de Eirós en Triacastela (Lugo).
Os científicos aseguran que poderían chegar aos 30000 anos; momento no que convivían na península dúas especies de humanos: a nosa, Homo sapiens, e os nosos primos cercanos, Homo neanderthalensis.



Botádelle unha ollada a ligazón da nova: Arte rupestre galego

Para saber máis:

Paleontoloxía Humana
Leer más...

jueves, 9 de agosto de 2012

O CEBRACABEZAS DA EVOLUCIÓN HUMANA

Veñen de confirmar a especie Homo rudolfensis como coetánea de Homo habilis e Homo erectus hai uns 2 millóns de anos.





Botádelle unha ollada a seguinte ligazón:
Homo rudolfensis existiu

Leer más...