domingo, 23 de septiembre de 2018

QUE NON CHE CONTEN HISTORIAS

Hai uns días saíu publicado no xornal "El País" unha nova que me impactou sobre as experiencias vitais dunha persoa enferma de cancro de mama que recurríu a homeopatia para curalo.
Como falamos miles de veces na aula, o problema da pseudociencia, non é só que non sexa ciencia, e que as veces o engano pode ter consecuencias fatais.
Iso mesmo lle pasou a Rosa, que só foi consciente do seu erro cando era demasiado tarde. 
Dende aquí, quero tamén unirme a esa mensaxe clara que queren transmitir os familiares de Rosa e doutros moitas persoas vitimas da desinformación:
 A HOMEOPATÍA, NON CURA NINGÚN CANCRO!
Podes botarlle unha ollada a nova na seguinte ligazón:
Leer más...

CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA

Para todos aqueles que tedes paixón pola natureza e que ademais vos encanta debuxar, o Grupo Naturalista Hábitat organiza un ano máis da man de Emalcsa, e este ano contando coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo o VI Certame de Debuxo da Natureza .
O prazo para inscribirse acaba de ampliarse e remata ás 14 horas do 15 de outubro, a inscrición é on line.
Déixovos aquí a ligazón ás bases reguladoras, dende aí podedes acceder tamén o formulario de inscrición on line:
Bases reguladoras e acceso ao formulario de inscrición

Animádevos a participar e de balde e podes conseguir interesantes premios!
Leer más...

jueves, 20 de septiembre de 2018

OS CRITERIOS DE DIVISIBILIDADE

Aquí tedes unha ligazón para practicar os criterios de divisibilidade que vimos na clase:
Practicando os criterios de divisibilidade
Leer más...