viernes, 27 de noviembre de 2015

HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES

Os de 4º de ESO xa podedes descargar o tema que estamos a ver en clase.

 HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES


 IMPORTANTE!
Xa vos adianto que decidín definitivamente que o venres que ven (día 4 de decembro) o exame sexa só de recuperación dos temas anteriores. Os que non tedes nada que recuperar faredes unha proba con problemas e preguntas deste tema mentres os demais fan o exame. Esa proba puntuará na nota final, en realidade servirá para subir a nota (NON DESCONTARÁ NADA NA VOSA MEDIA). Paréceme un bo premio para aqueles que fúchedes traballando durante todo o trimestre. Así que non vos agobiedes coa materia.
O exame correspondente a este tema se o rematamos antes das vacacións poderémolo facer na semana final deste trimestre (semana do 14 ao 18 de decembro) ou ben na primeira semana á volta das vacacións de Nadal.
Eso si, a data de entrega da ficha de reforzo segue a ser o día 9 de decembro.
Lembrovos a todos que unha nota inferior a un 3,5 non fai media e que polo tanto é preciso facer a recuperación desa nota. Só é obrigatorio facer a recuperación do exame con nota inferior a 3,5, aínda que se a algún de vos non lle chega a media a pesar de ter dúas notas por riba do 3,5 poderá facer recuperación do exame do que teña menos nota para tentar chegar ao aprobado.
Todo esto o comentamos esta semana que ven na clase e aclaro as dúbidas de quen ten que facer ou non unha recuperación.
Un saúdo e bo fin de semana
Leer más...

sábado, 21 de noviembre de 2015

A ENERXÍA QUE NOS CHEGA DO SOL

Os de 2º ESO xa podedes acceder ao novo tema que empezaremos este luns. Como veredes cambiamos totalmente de tema e nos achegamos ao coñecemento da dinámica externa do noso planeta.Un saúdo e bo fin de semana a todos.
A ENERXÍA QUE NOS CHEGA DO SOL


Leer más...

lunes, 2 de noviembre de 2015

OS ECOSISTEMAS DA TERRA

Os de 2º da ESO xa podedes descargar o tema que estamos a ver na clase. Como veredes os segue exactamente a orde do libro, xa que decidín que era mellor no momento en que falamos dos distintos tipos de ecosistemas falar tamén dos exemplos de ese tipo que temos na nosa terra e non separalos como fan no libro. Como vos dixen tamén hai partes moi resumidas e esto será o que poida preguntar no exame, pois todo o que ven no libro é demasiado.
Ecosistemas da Terra
Leer más...