miércoles, 4 de diciembre de 2013

O ADN HUMANO MÁIS ANTIGO

A colaboración entre o equipo de Atapuerca e un equipo de investigadores alemáns da universidade Max Planck proporciónanos a secuenciación do ADN humano máis antigo.
O material xenético extraeuse dun fémur presente na Sima dos Ósos do famoso xacemento de Atapuerca, sen lugar a dúbidas un dos máis importantes para o estudo da evolución humana.
O resultado da investigación comparativa coas especies máis cercanas tanto fósiles (neandertales e denisovanos) como vivas (humanos actuais e grandes simios) amósanos un escenario pasado cunha maior complexidade de especies humanas no Pleistoceno Medio.

Botádelle unha ollada aos seguintes links para saber máis:
http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-ADN-humano-mas-antiguo-aparece-en-Atapuerca
http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/encuentran-atapuerca-adn-humano-antiguo-mundo/csrcsrpor/20131204csrcsrsoc_9/Tes
E se queredes saber máis sobre Atapuerca:
http://www.atapuerca.org/





No hay comentarios:

Publicar un comentario