viernes, 6 de septiembre de 2013

NEANDERTALES E SAPIENS NA COVA DE EIRÓS

Para retomar con forzas o novo curso que xa temos enriba imos aprender algo sobre o Paleolítico galego.
A cova de Eirós (Triacastela, Lugo) foi utilizada en distintos períodos por Homo sapiens e Homo neanderthalensis; por que é importante isto?
Primeiro, porque apenas hai excavacións neandertales en Galicia, e segundo porque atopar restos fósiles destas dúas especies no mesmo lugar posibilita o estudo das semellanzas e diferenzas entre elas e axudaranos a entender mellor porque unha delas, sapiens, sobreviviu mentras que a outra quedou no camiño.
Botádelle unha ollada a nova: Sapiens e Neandertales na cova de Eirós

No hay comentarios:

Publicar un comentario