jueves, 31 de mayo de 2018

UN BOSQUE BAIXO SESELLE

Pois segundo nos conta o meu antigo profe de xeomorfoloxía, o Doutor Vidal Romaní parece que baixo a praia de Seselle temos un paleobosque, para entendernos un bosque fósil que quedou soterrado fai un bo montón de anos.
Así que igual non é mala idea darse unha volta pola praia de Seselle e botando man da nosa imaxinación pensar que estamos no medio dunha bidueira, unha carballeira ou unha abeleira...
aí queda unha boa idea para este finde e de paso na seguinte ligazón a nova que descubrín hoxe por casualidade...
Un Bosque fósil en Seselle?

Boa finde a todos
Leer más...

miércoles, 28 de marzo de 2018

UN CONXUNTIVO INTERCONECTADO?

O patólogo Neil Theise e o seu equipo veñen de publicar un artigo interesantísimo na revista Nature sobre a verdadeira natureza do tecido conxuntivo, que "cementa" o noso corpo, que abre un novo enfoque para abordar a comprensión da propagación e o tratamento de algunhas enfermidades. Bota un ollo a esta nova:
Conxuntivo conectado

Leer más...

sábado, 10 de febrero de 2018

VIRUS QUE CAEN DO CEO

Xa podedes botarlle unha ollada a esta nova, máis que interesante. Non todo  que cae do ceo é chuvia...
Premede na seguinte ligazón:


Leer más...

sábado, 18 de noviembre de 2017

O NOSO LUGAR NO UNIVERSO (DOCUMENTAL DE REDES)

Para ver de novo o documental que vimos na clase os de Cultura científica podedes premer na seguinte ligazón:
O NOSO LUGAR NO UNIVERSO
Leer más...

martes, 14 de noviembre de 2017

O OSÍXENO NA ATMOSFERA

Premede na seguinte ligazón para ver de novo o documental que vimos na clase:
O OSÍXENO NA ATMOSFERA
Leer más...

jueves, 26 de octubre de 2017

FORMACIÓN DA LÚA

Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo sobre a formación do noso satélite para comprender mellor que é iso da Hipótese da "Lúa filla":

FORMACIÓN DA LÚA

Leer más...

viernes, 20 de octubre de 2017

REDESEÑANDO A NOSA ESPECIE

Aquí tedes un novo vídeo, que como todos os de Eduard Punset,  é unha experiencia visual. Aprendendo un pouco máis de nós mesmos e do noso futuro. Premede na ligazón:

Leer más...

sábado, 23 de septiembre de 2017

jueves, 8 de junio de 2017

ORIENTACIÓNS ABAU PARTE II

Os de 2º de bacharelato podedes acceder na aula virtual do centro a parte que faltaba. Perdoade o retraso, pero estos días foron imposibles. Espero que vos sirva de algo no repaso e moitísima sorte para mañá. Xa sabedes que tedes toda a miña enerxía positiva.
Leer más...

domingo, 4 de junio de 2017

ORIENTACIÓNS ABAU

Para os de 2º Bacharelato vos acabo de deixar algunhas orientacións na aula virtual do centro (abaixo de todo) do tema 1 ata o 10 co que eu considero máis importante para as probas. Se me dera tempo entre mañá e pasado colgaría a segunda parte. Moito ánimo chicos, que vos podedes!
Leer más...

viernes, 26 de mayo de 2017

INMUNOLOXÍA

Os de 2º de Bacharelato xa podedes acceder ao último tema na seguinte ligazón:
INMUNOLOXÍA

Leer más...

domingo, 21 de mayo de 2017

MICROORGANISMOS

Para os de 2º de bacharelato, xa podedes descargar o tema de microorganismos na seguinte ligazón:
Microorganismos


Moito ánimo a todos, xa queda menos.

Leer más...