miércoles, 13 de marzo de 2013

Cuestións Invertebrados Non Artrópodos

Dende esta ligazón podedes acceder ás cuestións para a preparación do exame:
Cuestións

Leer más...

viernes, 8 de marzo de 2013

Resumos dos traballos sobre sexualidade de 4º CMS

Xa podedes descargar na ligazón os resumos, con lixeiras modificacións, dos traballos que fixéchedes sobre sexualidade. Se teño tempo, a partir da tarde do luns os teredes tamén en conserxería.
Resumos 4º Sexualidade
Leer más...

Resumos dos traballos sobre Sexualidade 3º ESO CMS

Os resumos xa os tedes na conserxería do IES dende hoxe venres. De tódolos xeitos, se preferides podedes descargalos na seguinte ligazón:
Resumos 3º Sexualidade
Estudiade e sorte para o exame!
Leer más...

domingo, 3 de marzo de 2013

Invertebrados Agrupamento

Podedes xa descargar o tema de Invertebrados. Premede na ligazón:
Invertebrados Agrupamento
Leer más...

Invertebrados

Xa podedes acceder a ligazón para descargar o tema de Invertebrados:
Invertebrados

Leer más...

miércoles, 27 de febrero de 2013

SEXUALIDADE II

Xa tedes a segunda parte do tema de sexualidade para descargar na seguinte ligazón:
Sexualidade II


Leer más...

viernes, 22 de febrero de 2013

Recuperación 1º Avaliación CMS

Lembrade que os que tedes suspensa a 1º avaliación de CMS tedes como data límite para entregar os traballos de recuperación o luns 25 de Febreiro. Non recollo traballos despois desta data.
Leer más...

jueves, 21 de febrero de 2013

Novas relacionadas co consumo de drogas

Neste enlace podedes mirar novas que apareceron no xornal "El País" relacionadas co tema das drogas, especialmente para drogas de deseño:
Novas sobre drogas
Leer más...

Drogas de deseño

Para os que tedes por diante o traballo de drogas de deseño pode ser de utilidade a seguinte ligazóns:
Consumo drogas Europa
Leer más...

Tabaquismo

Penso que para os que estades a traballar nos temas de tabaco e despois de botarlle unha ollada pódevos axudar:
Tabaquismo en España
Historia del tabaco
Leer más...

Homofobia

No seguinte enlace podedes acceder a nova do xornal "Público" relacionada coa homofobia e a xuventude española:
Homofobia e xuventude en España
Leer más...

DISCRIMINACIÓN SEXUAL

Para mellorar o traballo e poder extaer novas ideas despois do que falamos na clase, aquí tedes unha ligazón con noticias relacionadas coa discriminación sexual, incluida a discriminación da muller, que foron publicadas no xornal "EL PAÍS".
Premede aquí: http://elpais.com/tag/discriminacion_sexual/a/
Leer más...

sábado, 26 de enero de 2013

Sexualidade parte I

Aquí tedes a primeira parte do tema que estamos a ver na clase.
Premede na seguinte ligazón:
 Sexualidade Parte I
Leer más...

miércoles, 23 de enero de 2013

ENQUISA SOBRE DROGAS 2011-2012: MELLORAMOS, PERO SOMOS MÁIS "SEDANTEDEPENDENTES"

A nova enquisa sobre o consumo de drogas en España reflicte unha diminución no consumo da maioría das drogas no noso país. Só se produce un aumento en ansiolíticos e tranquilizantes.
Premede na seguinte ligazón para ler a nova e logo poder comentala na clase:
Enquisa sobre dorgas
Leer más...

miércoles, 16 de enero de 2013

Reino Fungos e Reino Vexetal

Xa podedes acceder a parte do tema dos Reinos que estamos a dar neste trimestre. Fixádevos ben porque hai dúas presentacións tituladas Reinos II, unha é da clase de referencia e a outra é a presentación da clase de agrupamento.
Para velas ou descargalas premede na seguinte ligazón Presentacións profesor
Leer más...

domingo, 13 de enero de 2013

UNHA NOVA CHAMADA DE ATENCIÓN

Científicos do CSIC atopan resultados preocupantes nos seus estudos sobre a absorción de CO2 por parte do océano atlántico. Unha mostra máis das modificacións que estamos a provocar a nivel global das correntes oceánicas e os seus efectos negativos. Neste caso diminúe a capacidade de captación deste gas no atlántico, o océano máis importante nesta labor, e en consecuencia, o gas persiste na nosa atmosfera aumentando o efecto invernadoiro antropoxénico.
Botádelle unha ollada a ligazón da nova:
O Atlántico absorbe menos CO2 
Leer más...

sábado, 1 de diciembre de 2012

PESTICIDAS-PÁRKINSON: UNHA RELACIÓN PARA POÑERSE A TREMER

Un equipo de investigadores dirixido polo galego Francisco Pan-Montojo veñen de demostrar a preocupante relación entre o consumo de pesticidas e a enfermidade do Párkinson.
A inxesta de alimentos tratados con pesticidas, asimilados a nivel intestinal, provoca  a alteración dun produto proteico que é transportado dende as neuronas que forman os nervios intestinais ata o sistema nervioso central, e dicir o noso cerebro, coas consecuencias que xa desgraciadamente coñecemos.
¡Outra razón máis para apuntarse a agricultura ecolóxica e ós alimentos da nosa horta!
Premede na ligazón para ver a nova: Pesticidas e Párkinson
Leer más...

martes, 27 de noviembre de 2012

TRANSPORTER

E non me estou a referir a famosa triloxía de películas de acción protagonizadas por Jason Statham, senón os fagos, que como sabedes, son virus que infectan bacterias.

Un grupo de científicos dirixidos pola famosa investigadora española Margarita Salas ven de facer un descubrimento sorprendente e inesperado que tería múltiples aplicacións para transportar xenes entre células de distinto tipo.

Ademais podería supor unha importancia maior destes virus da que pensabamos ata este momento no proceso evolutivo, pola súa influenza na variabilidade.
Botádelle unha ollada a ligazón: Fagos transportadores
Leer más...

lunes, 26 de noviembre de 2012

DINÁMICA TERRESTRE (TECTÓNICA DE PLACAS)

Xa podedes acceder a presentación de clase sobre o tema da dinámica terrestre.
Premede na ligazón: Presentacións profesor
Moita sorte durante o curso!
Leer más...

ATMOSFERA (IES AS BARXAS)

Aquí tedes a presentación co que dimos en clase do tema da atmosfera. Premede na seguinte ligazón para acceder a ela: Presentacións profesor
Un saúdo para todos, e moita sorte durante o curso!
Leer más...