Un equipo de investigadores dirixido polo galego Francisco Pan-Montojo veñen de demostrar a preocupante relación entre o consumo de pesticidas e a enfermidade do Párkinson.
A inxesta de alimentos tratados con pesticidas, asimilados a nivel intestinal, provoca a alteración dun produto proteico que é transportado dende as neuronas que forman os nervios intestinais ata o sistema nervioso central, e dicir o noso cerebro, coas consecuencias que xa desgraciadamente coñecemos.
¡Outra razón máis para apuntarse a agricultura ecolóxica e ós alimentos da nosa horta!
Premede na ligazón para ver a nova: Pesticidas e Párkinson
No hay comentarios:
Publicar un comentario