Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias da Terra e o Medioambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias da Terra e o Medioambiente. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de octubre de 2017

FORMACIÓN DA LÚA

Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo sobre a formación do noso satélite para comprender mellor que é iso da Hipótese da "Lúa filla":

FORMACIÓN DA LÚA

Leer más...

lunes, 25 de agosto de 2014

O PROBLEMA DAS ESPECIES INVASORAS: A AVESPA ASIÁTICA

A avespa asiática (na península temos a subespecie vespa velutina nigrithorax) constitúe xa un problema serio na nosa terra e en boa parte do norte peninsular.
A Orixe:
Estas avespas procedentes de Asia (da China ata a India) parece que desembarcaron, e nunca mellor dito, en Europa a través dun barco con produtos de alfarería chinés que atracou en Burdeos (Francia) no ano 2005.
A súa presenza no noso país detectouse por primeira vez no 2010 en Guipúzcoa, na actualidade exténdese por todo o norte peninsular, hai citas por todo o cantábrico e no norte de Portugal dende o 2012.
En Galicia supón xa unha problemática importante na costa da mariña lucense e comezan a aparecer rexistros noutras zonas da costa da provincia da Coruña (Cedeira, Oleiros...). O seu avance prodúcese fundamentalente a través das rexións costeiras ou próximas a elas.
Por que supoñen un perigo?
O problema das especies invasoras como é este caso reflíctese en moitos casos nunha ruptura do equilibrio ecolóxico respecto ao novo medio colonizado. O ecosistema non dispón de mecanismos de control da nova especie. Se a especie invasora, como é o caso da avespa asiática, adáptase ben ao novo hábitat (o clima do oeste europeo é similar ás localizacións orixinarias da vespa velutina) soe afectar a algúns compoñentes do ecosistema invadido, sobre todo bióticos (outras especies).
A avespa asiática adulta aliméntase fundamentalmente de froita, pero preda distintas especies de insectos para alimentar as súas larvas (outras vespas, formigas, bolboretas...), e é unha verdadeira especialista en depredar abellas (entre o 30 e o 80% da dieta larval). Como é sinxelo deducir, o ataque específico sobre as abellas ten consecuencias nefastas para o sector apícola, sobre todo tendo en conta que as nosas abellas melíferas non desenvolveron todavía mecanismos de defensa (típico efecto das especies invasoras).
Sabemos que unhas poucas avespas (arredor de cinco) son suficientes para acabar cunha colmea enteira. A estratexia de ataque consiste en esperar en voó estático á entrada da colmea a chegada das abellas, incluso introdúcense dentro para atrapar as súas presas.. Cando atrapan as abellas secciónanlles a cabeza e o aguillón e lévanas ao avesporeiro para alimentar as súas larvas.
Respecto a súa picadura, non supoñen un risco moi diferente á dun avespón (vespa crabo). A principal problemática dase en persoas alérxicas ou a un ataque masivo (moitas picaduras). Os ataques masivos prodúcense coa cercanía ao avesporeiro, pero como éste soe atoparse nas partes altas das árbores a perigosidade vese moi diminuida.
Por que non supoñen un problema para as abellas asiáticas?
Como xa comentamos o problema da aparición nunha zona dunha especie invasora é a falta de factores ecolóxicos de control e a inexistencia de mecanismos coevolutivos entre as especies. Precisamente esto último é un dos puntos claves para comprender a relación de equilibrio entres estas avespas e as abellas da súa rexión de orixe. As abellas destas zonas desenvolveron un mecanismo de defensa baseado no traballo en equipo.Cando estas abellas sofren un ataque por parte destas avespas rápidamente introdúcense na colmea, alí agrúpanse e rodean ao invasor, ao mesmo tempo todas comezan a batir as súas ás a un tempo provocando un ascenso da temperatura da colmea. Parece que este mecanismo é moi eficaz (provoca a morte do depredador) porque as abellas resisten mellor este ascenso térmico (soportan ata 50ºC).
Ciclo Biolóxico
Durante o inverno as raíñas hibernan en grietas de rochas, de cortiza das árbores... a finais do inverno e principios da primaveira (ascende a temperatura) cada raíña funda un novo niño. Estas avespas fundadoras fabrican nun principio un niño pequeno, pero a medida que saen obreiras vaise ampliando ata alcanzar unha formación máis ou menos esférica duns 45 cm de altura. Un niño grande pode chegar a ter 10000 crías e unhas 1500 obreiras. Este avesporeiro diferénciase fácilmente do feito polo avespón (vespa crabo), porque ten un orificio de entrada lateral, mentras que no avespón a entrada atópase na base.

Avesporeiro de v.velutina
Fotografía extraída de: http://controldeplagassanidadambiental.blogspot.com.es/2013/04/avispa-asiatica-o-vespa-velutina.html

A finais do verán comezan a aparecer os machos e as primeiras femias fecundadas, éstas serán as novas raíñas que fundaran novas colonias o ano seguinte tras a diapausa. A raiña orixinal morrerá.
Como a diferenciamos doutras especies?
Debido ao seu tamaño (obreiras 3 cm) pódese confundir co avespón europeo ou común (vespa crabo) e coa scolia (Megascolia maculata) ambalas dúas de maior tamano que a velutina (arredor dos 4 cm ou máis). Ademais a scolia non fai avesporeiros e o avespón fainos, como xa dixemos cunha apertura na parte baixa.
O avespón é ademais máis colorido (vermellos e amarelos a franxas) e a scolia posúen dúas bandas amarelas, mentras que na velutina predominan as cores escuras (so o 4º segmento do abdome de cor amarelo).
Vespa crabo
Licencia de Creative Commons
Vespa crabo by Lilly M is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Megascolia maculata
Licencia de Creative Commons
Megascolia maculata by Tranquillegroupil is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.

Para ver a diferenza coas outras dúas especies aquí vos deixo unhas fotos de exemplares recollidos por Daniel Montero en Cedeira (A Coruña) neste mes:
Vespa velutina nigrithorax

Vespa velutina nigrithorax
Licencia de Creative Commons
Vespa velutina nigrithorax by Ricardo Ferreiro is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Que podemos facer?
A primeira opción é localizar o niño, que normalmente é complicado debido a que, como xa comentamos, soe estar nas copas das árbores ou en construccións a certa altitude. En todo caso, se o conseguimos non se recomenda baixo ningunha circunstancia afrontar por nós mesmos a retirada do avesporeiro, xa que pode conducir a un ataque masivo das súas inquilinas. Ademais unha mala manipulación do niño de xeito que poidan escapar as obreiras posibilita que cada unha delas poida ser unha nova raíña fundadora (control hormonal) que expanda o problema. Por iso é recomendable retirar o avesporeiro, a ser posible nas súas primeiras fases cando non posúen tantos individuos.Convén avisar a emerxencias, en Galiza parecen ser os bombeiros os principais encargados desta tarefa.
A outra opción para controlar a poboación é o trampeo durante todo o ano, especialmente a finais do verán cando comezan a saír as novas raíñas. Dende a asociación de apicultores de Galicia ofrécennnos información sobre os sistemas de trampeo. Unha sinxela botella de auga, cortada en dúas partes, coa superior colocada en forma de embudo é suficiente. Temos que dispoñer sobre o embudo algún dispositivo a xeito de tellado, para evitar que a chuvia rechee o interior. Dentro da botella o máis recomendado é empregar viño  ou cervexa (sobre todo negra), debemos evitar dispoñer líquidos azucarados que poderían atraer outros visitantes non desexados como as nosas queridas abellas.
Non recomendo o uso de insecticidas por razóns obvias, danan os nosos insectos autóctonos e do que se trata é de manter o equilibrio ecolóxico do noso ecosistema.
Creo que este exemplo tan actual reflicte as claras os efectos nocivos da invasión de especies alóctonas, dos que somos responsables (como no caso que nos ocupa) case sempre en maior ou menor medida.
Así que lembrade, non se poden liberar sen máis animais ou plantas exóticas ao medio natural, esto implica por exemplo non soltar no río esa carpiña chinesa que creceu demasiado e xa non entra no noso acuario. En Galicia por desgraza, coñecemos xa problemas claros e anteriores aos das avespas asiáticas, tanto na flora (a uña de gato carpobrotus edulis distribuida por amplas rexións da costa galega) como na fauna (cangrexo americano Procambarus clarkii que podedes atopar fácilmente por exemplo no encoro de Cecebre na provincia da Coruña).
Como ben decía o amigo Stan Lee en Spiderman: "un gran poder conleva, unha grande responsabilidade".
Para que vexades que a problemática está a orde do día, botádolle unha ollada as novas, pero sempre tede unha actitude crítica, dende o punto de vista científico a información que vos chega:
http://www.abc.es/local-galicia/20140819/abci-avispas-asiaticas-201408191416.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/08/21/53f5db63268e3e064f8b4577.html
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/08/17/aparicion-nuevo-nido-avispas-asiaticas/1076917.html

Ligazóns que vos poden interesar:
http://es.wikipedia.org/wiki/Vespa_velutina
http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/B0C6AD7C-D751-4843-9B4E-3CF786B98049/0/espacies_exoticas_invasoras.pdf
http://www.apiculturagalega.org/
http://blog.creaf.cat/es/conocimiento/la-amenaza-de-la-avispa-asiatica-llega-a-cataluna/ este inclúe un video do comportamento fronte a colmea.
http://blog.creaf.cat/es/conocimiento/como-afrontar-la-amenaza-de-la-avispa-asiatica/



Leer más...

lunes, 6 de mayo de 2013

UNHA GRAN NOVA PARA GALICIA E A SÚA BIODIVERSIDADE

Vense de confirmar a reprodución estable en Galicia do oso pardo.
Ademais parece que as poboacións na cornisa cantábrica están a dar signos de recuperación.
Se queredes saber máis botádelle unha ollada as ligazóns de abaixo.
Reprodución estable en Galicia
Entrevista a García Lorenzo (Fundación Oso Pardo)


Leer más...

domingo, 13 de enero de 2013

UNHA NOVA CHAMADA DE ATENCIÓN

Científicos do CSIC atopan resultados preocupantes nos seus estudos sobre a absorción de CO2 por parte do océano atlántico. Unha mostra máis das modificacións que estamos a provocar a nivel global das correntes oceánicas e os seus efectos negativos. Neste caso diminúe a capacidade de captación deste gas no atlántico, o océano máis importante nesta labor, e en consecuencia, o gas persiste na nosa atmosfera aumentando o efecto invernadoiro antropoxénico.
Botádelle unha ollada a ligazón da nova:
O Atlántico absorbe menos CO2 
Leer más...

sábado, 1 de diciembre de 2012

PESTICIDAS-PÁRKINSON: UNHA RELACIÓN PARA POÑERSE A TREMER

Un equipo de investigadores dirixido polo galego Francisco Pan-Montojo veñen de demostrar a preocupante relación entre o consumo de pesticidas e a enfermidade do Párkinson.
A inxesta de alimentos tratados con pesticidas, asimilados a nivel intestinal, provoca  a alteración dun produto proteico que é transportado dende as neuronas que forman os nervios intestinais ata o sistema nervioso central, e dicir o noso cerebro, coas consecuencias que xa desgraciadamente coñecemos.
¡Outra razón máis para apuntarse a agricultura ecolóxica e ós alimentos da nosa horta!
Premede na ligazón para ver a nova: Pesticidas e Párkinson
Leer más...

miércoles, 22 de agosto de 2012

SATURNO DEVORANDO A UN FILLO?

O título da entrada do blog é un xogo de palabras co famoso cadro de Goya, e evidentemente non ten que ver co planeta do noso sistema solar, senón ca idea de que as nebulosas orixinan  nas zonas de máxima concentración de materia as estrelas, e a partir dos restos máis alonxados os planetas e outros corpos celestes; e aínda que astronómicamente é un proceso simultáneo, os planetas fórmanse a partir dos materiais afastados do núcleo estelar e en certo modo tendo a consideralos "fillos" da estrela ou estrelas "nai" que "ceden" parte da que podería ser a súa materia para orixinalos.
A razón de ser desta entrada débese a que un grupo de científicos, entre os que está a investigadora española Eva Villaver, veñen de descubrir un planeta que foi devorado pola súa estrela.
Podería esto pasarnos a nós?
O noso sistema solar formouse hai uns 4600 m.a. a partir dunha nebulosa primixenia, cuxo núcleo máis concentrado e quente orixinou a nosa estrela, o sol, e os xiróns derivados, os demais corpos celestes incluindo os planetas.
Hoxe sabemos, que as estrelas non son corpos inmutables e dependendo das súas características, sobre todo o tamaño, poden ter un destino ou outro pasando por sucesivas fases estelares. As estrelas que se atopan na chamada secuencia principal (xigantes azuis, ananas amarelas como o noso sol...) son estrelas inequívocamente xoves que acabarán por transformarse en xigantes vermellas cando rematen o seu combustible (o hidróxeno); a partir deste punto comeza o envellecemento das estrelas que pode seguir distintos camiños dependendo da masa inicial da estrela: novas, ananas blancas, ananas negras,supernovas, estrelas de neutróns,buratos negros... O conxunto das distintas fases polas que atravesa unha estrela denomínase evolución estelar.
O noso o Sol, a pesar de constituír case o 99% da masa do noso sistema solar, é unha estrela máis ou menos pequena e no seu devenir estelar, cando remate o seu combustible (o hidróxeno) pasará por unha fase de xigante vermella na que crecerá ata engulir posiblemente a Mercurio e Venus, a Terra xa sería inhabitable por mor da temperatura; con posterioridade pasará por unha fase medianamente explosiva de nova que arrasaría o que quedara do noso planeta.

Botádelle unha ollada a nova aparecida nun xornal nestes días:
Planeta devorado pola súa estrela

E se vos preocupa o noso destino inevitable podedes premer aquí:
A Terra engulida polo Sol

Leer más...

jueves, 5 de julio de 2012

OCÉANOS EXTRATERRESTRES

Titán, un dos satélites de Saturno, posúe mares na súa superficie segundo os datos que nos chegan da sonda Cassini




Leer más...

sábado, 10 de septiembre de 2011

Ozono "bo" e "malo"?

España segue á cabeza dos paises que incumpren reiteradamente os umbrais establecidos para contaminantes atmosféricos, neste caso o ozono troposférico. Botádelle unha ollada á ligazón:
Contaminación por Ozono troposférico
Despois de ler este artigo debedes resumilo en tres ideas clave e expresar a vosa opinión (non máis de media carilla).
Leer más...

A situación real na ría do Burgo

A problemática ambiental na ría do Burgo, non é debida en exclusividade a verteduras puntuais, como a de fai uns días de queroseno, senón a vertidos principalmente de fecais, que deterioran o medio en maior grao, pola súa continuidade no tempo. Neste artigo aparecido nun xornal resúmese, o meu entender, moi ben cal é a situación:
Situación da ría do Burgo

Leer más...

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Para Reflexionar: Zoolóxicos

A organización IGUALDAD ANIMAL ven de denunciar a oito zoolóxicos españois polas condicións de vida dos seus animais.
 Zoolóxicos españois denunciados
Dende fai xa anos o deseño e a funcionalidade dos zoolóxicos está a cambiar. Os espazos de confinamento son de maiores dimensións, elimínanse as tradicionais gaiolas con barrotes por barreiras naturais ou creadas artificialmente (uso de distintas alturas, cursos de auga...), son centros de investigación da fauna autóctona e alóctona..., pero é suficiente?. Credes que son xustificables?. Son útiles?. Fomentan o conservacionismo ou o coleccionismo?. En definitiva, cal é a vosa opinión o respecto?

Leer más...

lunes, 29 de agosto de 2011

Un burato negro en acción

Botádelle unha ollada á ligazón:
Burato negro


Respostade agora as seguintes cuestións:
1. Que é un burato negro?
2. Por que di no artigo que traga unha estrela?
3. Onde situarías os buratos negros dentro da evolución estelar?
Podedes axudarvos das ligazóns de interese no blog ou pescudar a información na rede a través de google ou outros buscadores.
Leer más...

viernes, 26 de agosto de 2011

Un planeta de moitos "quilates"

Científicos de diversas nacionalidades veñen de descubrir un novo planeta de diamante xirando solidariamente cunha estrela de neutróns (sistema binario). Atoparedes a nova completa na seguinte ligazón:
Planeta de diamante
Leer más...

miércoles, 15 de junio de 2011

lunes, 6 de junio de 2011

Un visitante inesperado

Na zona de depósitos de estériles de mina de lignito das Pontes (A Coruña) veñen de fotografiar a un visitante inesperado, botádelle unha ollada a nova do link:

 Visitante inesperado
Leer más...

jueves, 10 de febrero de 2011

Novo Catálogo de Especie ameazadas

Por fin, apróbase o Real Decreto do novo catálogo de especies ameazadas que fora revisado por última vez no 2006.
Catálogo de Especies Ameazadas
Leer más...

martes, 8 de febrero de 2011

Vertido o noso carón

Xa vedes que os problemas de contaminación os temos ben preto, as veces por irresponsabilidade, outras por deixadez, exceso de confianza, abaratamento de costes... Aínda estamos máis pendentes de evitar os danos que as responsabilidades que deberan depurarse ao seu tempo; como no momento que nos ocupa, depurando as augas dun humidal que é zona LIC. Non seremos todavía demasiado febles na aplicación da normativa, que a hai, para que continúen sucedendo estos episodios que minan pouco a pouco ou incluso as veces moito a moito unha riqueza natural que é de todos e para todos. Botádelle unha ollada a noticia:
Contaminación no humidal do río Ladra
Leer más...