Mostrando entradas con la etiqueta 1º Bacharelato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º Bacharelato. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de septiembre de 2020

CANTAS BACTERIAS TEMOS NO CORPO?

Boas de novo a todos,

De regreso ao blogue despois de tanto tempo. A necesidade obriga...

Sabedes iso que vos conto sempre de que temos 10 veces máis bacterias no corpo que células propias?

Pois parece que pode non ser certo de todo...🙏🙏🙏

Botádelle un ollo a ligazón de abaixo:

Cantas bacterias temos no corpo?



Leer más...

domingo, 23 de septiembre de 2018

CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA

Para todos aqueles que tedes paixón pola natureza e que ademais vos encanta debuxar, o Grupo Naturalista Hábitat organiza un ano máis da man de Emalcsa, e este ano contando coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo o VI Certame de Debuxo da Natureza .
O prazo para inscribirse acaba de ampliarse e remata ás 14 horas do 15 de outubro, a inscrición é on line.
Déixovos aquí a ligazón ás bases reguladoras, dende aí podedes acceder tamén o formulario de inscrición on line:
Bases reguladoras e acceso ao formulario de inscrición

Animádevos a participar e de balde e podes conseguir interesantes premios!
Leer más...

miércoles, 28 de marzo de 2018

UN CONXUNTIVO INTERCONECTADO?

O patólogo Neil Theise e o seu equipo veñen de publicar un artigo interesantísimo na revista Nature sobre a verdadeira natureza do tecido conxuntivo, que "cementa" o noso corpo, que abre un novo enfoque para abordar a comprensión da propagación e o tratamento de algunhas enfermidades. Bota un ollo a esta nova:
Conxuntivo conectado

Leer más...

sábado, 18 de noviembre de 2017

O NOSO LUGAR NO UNIVERSO (DOCUMENTAL DE REDES)

Para ver de novo o documental que vimos na clase os de Cultura científica podedes premer na seguinte ligazón:
O NOSO LUGAR NO UNIVERSO
Leer más...

jueves, 26 de octubre de 2017

FORMACIÓN DA LÚA

Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo sobre a formación do noso satélite para comprender mellor que é iso da Hipótese da "Lúa filla":

FORMACIÓN DA LÚA

Leer más...

viernes, 20 de octubre de 2017

REDESEÑANDO A NOSA ESPECIE

Aquí tedes un novo vídeo, que como todos os de Eduard Punset,  é unha experiencia visual. Aprendendo un pouco máis de nós mesmos e do noso futuro. Premede na ligazón:

Leer más...

miércoles, 1 de febrero de 2017

UN BIÓLOGO ESPAÑOL PREMIO NOBEL?

O biólogo español Francis Mojica da Universidade de Alicante podería optar ao prestixioso premio Nobel de Medicina polo seu descubrimento dun "editor de xenes" que posúen as bacterias de xeito natural para protexerse das infeccións víricas. Algo así como o "seu sistema inmunolóxico".
O interesante deste achado ademais é que este "editor" de xenes que permite o "corta-pega" pode aplicarse a células eucariotas como desmostraon xa os equipos investigadores de Emmanuelle Charpentier da Universidade de Umea e Jennifer Doudna da Universidade de California abrindo un abano enorme de posibilidades no tratamento de moitas enfermidades. Se queres saber máis bota unha ollada a seguinte ligazón:
Un Biólogo de Nobel


Leer más...

sábado, 15 de octubre de 2016

DIVISIÓN CELULAR

Os de 1º de Bacharelato xa podedes acceder a nova presentación sobre a división celular. Premed na seguinte ligazón:

Leer más...

jueves, 6 de octubre de 2016

TEMA 2: A CÉLULA

Os de 1º de bacharelato xa podedes descargar na seguinte ligazón o tema da Célula
A Célula

Leer más...

domingo, 8 de mayo de 2016

UN MUNDO INTERCONECTADO PARTE I

Os de Cultura Científica xa podedes acceder a primeira parte deste grupo de temas adicados ás novas tecnoloxías. Premede na seguinte ligazón:
Un Mundo Interconectado


Leer más...

viernes, 8 de abril de 2016

Tecnoloxía Médica


Aquí tedes o documental que vimos na clase sobre Tecnoloxía Médica:










Leer más...

sábado, 23 de enero de 2016

CONSTRUÍNDO UN MODELO DO ADN

Os alumnos de 1º Bacharaleto da materia de Cultura Científica do I.E.S. María Casares veñen de traballar nun modelo a escala da molécula do ADN. Todo elo foi posible gracias a colaboración de Gerardo (antigo compañeiro no IES) e a empresa "DNA didactic" que nos facilitaron as pezas para a montaxe e nos explicaron marabillosamente ben como construir o noso modelo a escala e un sinfín de curiosidades sobre a molécula da vida. Moitas Grazas por todo Gerardo!
 Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos na clase:





Leer más...

sábado, 10 de octubre de 2015

A TERRA: O NOSO PLANETA

Os de 1º Bacharelato xa tedes dispoñible o tema que estamos a ver na clase. Para acceder premede na seguinte ligazón:
A TERRA

Leer más...

sábado, 16 de mayo de 2015

DATAS EXAMES CMC E 1º BIO

Se premedes na seguinte ligazón mostravos as datas de exames das materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo e de Bioloxía de 1º :
Datas exames
Leer más...

domingo, 19 de abril de 2015

MANEXANDO AS CLAVES DA VIDA

 Podedes descargar na seguinte ligazón o último tema que veremos en CMC. Tentei resumilo todo o posible, se fose preciso (polo tema do tempo de que dispoñemos) falaremos dalgunhas cousas na clase e remarcarei o máis salientable para facilitarvos o estudo. Premede na ligazón:
Manexando as claves da vida
Leer más...

domingo, 12 de abril de 2015