Cando as células sanas sofren algunha alteración importante que pon en risco as súas células veciñas ou o tecido o que pertencen...¡Suicídanse!. É o que os científicos chaman apoptose ou "morte celular programada".
Xa fai tempo que os científicos descubriron que as células tumorais (as que provocan cancro) sáltanse este control celular e crecen rápidamente manténdose en estado "xuvenil" polo que son consideradas células inmortais.
Investigadores dun laboratorio de Nova York identificaron a proteína que lles permite as células canceríxenas crecer indefinidamente e sen control.
Este equipo de científicos foi capaz de neutralizala conseguindo que as células do tumor estivesen de novo baixo control e respetasen a apoptose.
Bótalle unha ollada a nova: Sucidio de células tumorais
Muy interesante,con esto se investiga la cura del cáncer?
ResponderEliminar