sábado, 20 de febrero de 2016

UNHA NOVA FOTO DOS NOSOS NÚCLEOS

Finalmente por fin alguén se anima a publicar a foto da súa preparación. Graciñas R. Jesús

A foto está moi ben, na próxima ocasión que vaiamos ao laboratorio verás como sae todavía mellor.
Chicos/as estou esperando máis fotos, non sexades deixados!
Bo finde a todos!
Leer más...

O MANTEMENTO DA VIDA

Os de 2º de ESO xa podedes descargar o novo tema na seguinte ligazón:
Mantemento da Vida

Leer más...

lunes, 15 de febrero de 2016

sábado, 13 de febrero de 2016

miércoles, 3 de febrero de 2016

viernes, 29 de enero de 2016

VENDO O NÚCLEO DO ASUNTO

Os de 4º veñen de facer as súas primeiras preparacións para observar os núcleos de raiciñas de cebola en crecemento. O tempo quedounos algo curto, pero voltaremos en breve a pescudar nas nosas mostras esas células que están a dividirse.
Así o pasaban eles:


E esto foi o que fumos atopando:


E dende aquí queridos alumnos anímovos a que me fagades chegar as fotos das vosas preparacións.
Unha cousa máis, importante os guións das súas prácticas que fixemos: "obtención de ADN" e "Mitose" estarán colgados na aula virtual do centro para que os poidades consultar.
Un saúdo e bo fin de semana a todos!
Leer más...

sábado, 23 de enero de 2016

CONSTRUÍNDO UN MODELO DO ADN

Os alumnos de 1º Bacharaleto da materia de Cultura Científica do I.E.S. María Casares veñen de traballar nun modelo a escala da molécula do ADN. Todo elo foi posible gracias a colaboración de Gerardo (antigo compañeiro no IES) e a empresa "DNA didactic" que nos facilitaron as pezas para a montaxe e nos explicaron marabillosamente ben como construir o noso modelo a escala e un sinfín de curiosidades sobre a molécula da vida. Moitas Grazas por todo Gerardo!
 Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos na clase:





Leer más...

jueves, 21 de enero de 2016

FOTOGRAFÍA DA NATUREZA

A quen vos guste a fotografía da natureza non dubidedes en premer na nova ligazón "Fotografía da natureza (CA.IMA.NA) dentro da sección "Blogs de interese". Ademais de que o blogue é dun bo amigo, é tamén un excelente naturalista. As últimas fotos colgadas dunha lontra en Valdoviño son espectaculares.

Se queredes ver máis ide a sección "Blogs de interese" nas lapelas da dereita abaixo
Leer más...

ORIXE DA VIDA E EVOLUCIÓN

Aquí tedes o novo tema os alumnos de 4º da ESO. Premede na ligazón:
Orixe e evolución


Leer más...

martes, 22 de diciembre de 2015

O ADN DOS DE 4º

Como vos dixen a algún de vos aquí tedes o resultado da práctica de extracción de ADN. Nun dos grupos conseguimos unha boa cantidade. Podedes estar tranquiliños todos que non vos clonarei, cun de cada teño máis que suficiente.
BO NADAL a todos!



Leer más...

A DINÁMICA EXTERNA

 Os de 2º da ESO xa podedes descargar o tema co que comezaremos o  novo ano.
Disfrutade das vacacións para vir a volta con forzas. BO NADAL! a todos.
Dinámica Externa


Leer más...

viernes, 27 de noviembre de 2015

HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES

Os de 4º de ESO xa podedes descargar o tema que estamos a ver en clase.

 HERDANZA E TRANSMISIÓN DE CARACTERES


 IMPORTANTE!
Xa vos adianto que decidín definitivamente que o venres que ven (día 4 de decembro) o exame sexa só de recuperación dos temas anteriores. Os que non tedes nada que recuperar faredes unha proba con problemas e preguntas deste tema mentres os demais fan o exame. Esa proba puntuará na nota final, en realidade servirá para subir a nota (NON DESCONTARÁ NADA NA VOSA MEDIA). Paréceme un bo premio para aqueles que fúchedes traballando durante todo o trimestre. Así que non vos agobiedes coa materia.
O exame correspondente a este tema se o rematamos antes das vacacións poderémolo facer na semana final deste trimestre (semana do 14 ao 18 de decembro) ou ben na primeira semana á volta das vacacións de Nadal.
Eso si, a data de entrega da ficha de reforzo segue a ser o día 9 de decembro.
Lembrovos a todos que unha nota inferior a un 3,5 non fai media e que polo tanto é preciso facer a recuperación desa nota. Só é obrigatorio facer a recuperación do exame con nota inferior a 3,5, aínda que se a algún de vos non lle chega a media a pesar de ter dúas notas por riba do 3,5 poderá facer recuperación do exame do que teña menos nota para tentar chegar ao aprobado.
Todo esto o comentamos esta semana que ven na clase e aclaro as dúbidas de quen ten que facer ou non unha recuperación.
Un saúdo e bo fin de semana
Leer más...

sábado, 21 de noviembre de 2015

A ENERXÍA QUE NOS CHEGA DO SOL

Os de 2º ESO xa podedes acceder ao novo tema que empezaremos este luns. Como veredes cambiamos totalmente de tema e nos achegamos ao coñecemento da dinámica externa do noso planeta.Un saúdo e bo fin de semana a todos.
A ENERXÍA QUE NOS CHEGA DO SOL


Leer más...

lunes, 2 de noviembre de 2015

OS ECOSISTEMAS DA TERRA

Os de 2º da ESO xa podedes descargar o tema que estamos a ver na clase. Como veredes os segue exactamente a orde do libro, xa que decidín que era mellor no momento en que falamos dos distintos tipos de ecosistemas falar tamén dos exemplos de ese tipo que temos na nosa terra e non separalos como fan no libro. Como vos dixen tamén hai partes moi resumidas e esto será o que poida preguntar no exame, pois todo o que ven no libro é demasiado.
Ecosistemas da Terra
Leer más...

sábado, 31 de octubre de 2015

A INFORMACIÓN XENÉTICA

Xa dispoñedes do tema que estamos a ver na clase. Premede na seguinte ligazón
A información xenética

Leer más...

domingo, 18 de octubre de 2015

O DESCUBRIMENTO DO ADN

Aquí tedes unha ligazón para enterarvos de como ocorreu un dos grandes avances da investigación biolóxica, o descubrimento do ADN. Sen descoidar ademais o papel que xogou unha muller, pouco recoñecida ate ben pouco, no proceso. A magnífica científica Rosalind Franklin:
Vai por ti Rosalind! (onde queira que estés):
O descubrimento do ADN


Leer más...