domingo, 4 de mayo de 2014

UNHA AGRADABLE SORPRESA

Saír ao campo e disfrutar da natureza que hai ao noso arredor é sempre un pracer, pero as veces ademais se vas cun bo naturalista e mellor herpetólogo descubres a natureza agochada baixo as pedras.
Foi así, grazas ao tesón e o bo facer de Ricardo Ferreiro (un verdadeiro luxo ser o teu amigo) que podemos atopar un exemplar xuvenil da cobra de colar (Natrix natrix):







Deixovos tamén algunha mostra da flora (algunha con visitante) que podemos atopar ao noso carón só botando unha ollada ao noso arredor:










Todo isto só mirando cun pouquiño de atención
Leer más...

domingo, 27 de abril de 2014

RELACIÓN

Os de 1º de Bacharelato xa podedes acceder ao tema de relación:

RELACIÓN


Leer más...

lunes, 21 de abril de 2014

UNHA PRÁCTICA DE TODO CORAZÓN

Como o prometido é débeda aquí tedes unha pequena mostra do noso bo facer no laboratorio:



E aquí tedes o vídeo desta experiencia "criminal" (que o disfrutedes):



Leer más...

ECOSISTEMAS II

Xa podedes descargar a segunda parte do tema de Ecosistemas:
Ecosistemas II
Leer más...

domingo, 6 de abril de 2014

O APARELLO RESPIRATORIO

 Premede na ligazón para acceder ao tema do aparello respiratorio:
APARELLO RESPIRATORIO


Leer más...

sábado, 29 de marzo de 2014

viernes, 28 de marzo de 2014

ECOSISTEMAS I

Xa podedes botarlle unha ollada a primeira parte do tema de Ecosistemas.
ECOSISTEMAS I


Leer más...

viernes, 21 de febrero de 2014

APARELLO DIXESTIVO

Xa podedes acceder o primeiro tema de nutrición animal: o aparello dixestivo.

Aparello dixestivo


Leer más...

domingo, 26 de enero de 2014

sábado, 11 de enero de 2014

REPRODUCIÓN

Novo tema xa dispoñible para os alumnos de 2º da ESO.

Reprodución


Leer más...

VAI DE COGOMELOS!

Máis vale tarde que nunca, pero aquí están algunhas fotos da exposición de cogomelos.




En canto teña tempo irei poñendo máis...

Leer más...

sábado, 28 de diciembre de 2013

RELACIÓN E COORDINACIÓN

Os de 2º xa podedes botarlle un vistazo o próximo tema sobre a función de relación.
Relación e coordinación


Leer más...

lunes, 23 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O ADN HUMANO MÁIS ANTIGO

A colaboración entre o equipo de Atapuerca e un equipo de investigadores alemáns da universidade Max Planck proporciónanos a secuenciación do ADN humano máis antigo.
O material xenético extraeuse dun fémur presente na Sima dos Ósos do famoso xacemento de Atapuerca, sen lugar a dúbidas un dos máis importantes para o estudo da evolución humana.
O resultado da investigación comparativa coas especies máis cercanas tanto fósiles (neandertales e denisovanos) como vivas (humanos actuais e grandes simios) amósanos un escenario pasado cunha maior complexidade de especies humanas no Pleistoceno Medio.

Botádelle unha ollada aos seguintes links para saber máis:
http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-ADN-humano-mas-antiguo-aparece-en-Atapuerca
http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/encuentran-atapuerca-adn-humano-antiguo-mundo/csrcsrpor/20131204csrcsrsoc_9/Tes
E se queredes saber máis sobre Atapuerca:
http://www.atapuerca.org/





Leer más...

lunes, 2 de diciembre de 2013

ALGO DEBE CAMBIAR

Vimos de presenciar a resolución do caso "Prestige" cuns resultados máis que discutibles.
Non parecen existir responsables da maior catástrofe ecolóxica ocorrida en España.
Só o señor Mangouras foi condenado por desobediencia. Botádelle unha ollada a nova:
Nova de La Voz de Galicia
Pero si esto xa é de por si un feito asombroso, moito máis grave parece afirmar que as nosas augas están xa recuperadas:
A foto que vedes é desta mesma fin de semana nunha praia de Fisterra.
Xuzgade vós mesmos!
Por se algún estades interesados en saber máis:
Que pasa na costa?

Leer más...

domingo, 1 de diciembre de 2013

NUTRICIÓN

Os de 2º da ESO xa tedes o tema de nutrición completo. Premede na ligazón de abaixo:
Nutrición

Leer más...

TECIDOS VEXETAIS

Xa podedes acceder a parte de tecidos vexetais que será o último que entre no exame. Premede, como sempre na ligazón:
Tecidos Vexetais



Leer más...

martes, 26 de noviembre de 2013

Premede na seguinte ligazón para acceder a parte de órganos, como veredes é un resumo, porque o veremos máis a fondo noutro tema.
Órganos, sistemas e aparellos


Leer más...

miércoles, 13 de noviembre de 2013

TAXISTAS: UN HIPOCAMPO DE AUPA!

Pois resulta que non era o hipotálamo como xa sospeitaba, senón o hipocampo, algunhas de vós "case" tíñades razón. Finalmente, é esta parte do cerebro a que potencian os taxistas co traballo ao longo da súa vida.
Lembrávades bastante ben a nova científica, e é unha satisfacción comprobar que prestades atención na tele a algo máis que á borralla que habitualmente botan por ela.
Como o prometido é débeda, atopei a nova e o documental do programa "Redes" de Eduard Punset onde aparece.
Esto sí que é ter boa memoria! Noraboa!
Aquí tedes a ligazón para ver toda a nova: Taxista, un hipocampo de aupa
Ou directamente podedes ver o vídeo-documental:

Leer más...

sábado, 2 de noviembre de 2013

O SANGUE

Os de bacharelato tedes na seguinte ligazón a presentación sobre o sangue que veremos nuns días na clase:
O Sangue



Leer más...