domingo, 26 de enero de 2014

sábado, 11 de enero de 2014

REPRODUCIÓN

Novo tema xa dispoñible para os alumnos de 2º da ESO.

Reprodución


Leer más...

VAI DE COGOMELOS!

Máis vale tarde que nunca, pero aquí están algunhas fotos da exposición de cogomelos.




En canto teña tempo irei poñendo máis...

Leer más...

sábado, 28 de diciembre de 2013

RELACIÓN E COORDINACIÓN

Os de 2º xa podedes botarlle un vistazo o próximo tema sobre a función de relación.
Relación e coordinación


Leer más...

lunes, 23 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

O ADN HUMANO MÁIS ANTIGO

A colaboración entre o equipo de Atapuerca e un equipo de investigadores alemáns da universidade Max Planck proporciónanos a secuenciación do ADN humano máis antigo.
O material xenético extraeuse dun fémur presente na Sima dos Ósos do famoso xacemento de Atapuerca, sen lugar a dúbidas un dos máis importantes para o estudo da evolución humana.
O resultado da investigación comparativa coas especies máis cercanas tanto fósiles (neandertales e denisovanos) como vivas (humanos actuais e grandes simios) amósanos un escenario pasado cunha maior complexidade de especies humanas no Pleistoceno Medio.

Botádelle unha ollada aos seguintes links para saber máis:
http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-ADN-humano-mas-antiguo-aparece-en-Atapuerca
http://www.cadenaser.com/sociedad/articulo/encuentran-atapuerca-adn-humano-antiguo-mundo/csrcsrpor/20131204csrcsrsoc_9/Tes
E se queredes saber máis sobre Atapuerca:
http://www.atapuerca.org/





Leer más...

lunes, 2 de diciembre de 2013

ALGO DEBE CAMBIAR

Vimos de presenciar a resolución do caso "Prestige" cuns resultados máis que discutibles.
Non parecen existir responsables da maior catástrofe ecolóxica ocorrida en España.
Só o señor Mangouras foi condenado por desobediencia. Botádelle unha ollada a nova:
Nova de La Voz de Galicia
Pero si esto xa é de por si un feito asombroso, moito máis grave parece afirmar que as nosas augas están xa recuperadas:
A foto que vedes é desta mesma fin de semana nunha praia de Fisterra.
Xuzgade vós mesmos!
Por se algún estades interesados en saber máis:
Que pasa na costa?

Leer más...

domingo, 1 de diciembre de 2013

NUTRICIÓN

Os de 2º da ESO xa tedes o tema de nutrición completo. Premede na ligazón de abaixo:
Nutrición

Leer más...

TECIDOS VEXETAIS

Xa podedes acceder a parte de tecidos vexetais que será o último que entre no exame. Premede, como sempre na ligazón:
Tecidos Vexetais



Leer más...

martes, 26 de noviembre de 2013

Premede na seguinte ligazón para acceder a parte de órganos, como veredes é un resumo, porque o veremos máis a fondo noutro tema.
Órganos, sistemas e aparellos


Leer más...

miércoles, 13 de noviembre de 2013

TAXISTAS: UN HIPOCAMPO DE AUPA!

Pois resulta que non era o hipotálamo como xa sospeitaba, senón o hipocampo, algunhas de vós "case" tíñades razón. Finalmente, é esta parte do cerebro a que potencian os taxistas co traballo ao longo da súa vida.
Lembrávades bastante ben a nova científica, e é unha satisfacción comprobar que prestades atención na tele a algo máis que á borralla que habitualmente botan por ela.
Como o prometido é débeda, atopei a nova e o documental do programa "Redes" de Eduard Punset onde aparece.
Esto sí que é ter boa memoria! Noraboa!
Aquí tedes a ligazón para ver toda a nova: Taxista, un hipocampo de aupa
Ou directamente podedes ver o vídeo-documental:

Leer más...

sábado, 2 de noviembre de 2013

O SANGUE

Os de bacharelato tedes na seguinte ligazón a presentación sobre o sangue que veremos nuns días na clase:
O Sangue



Leer más...

viernes, 25 de octubre de 2013

A VERDADE ESTÁ AHÍ FÓRA

Como decían na famosa serie "Expediente X".
Un equipo de científicos británicos afirma ter achado na estratosfera, a uns 27 Km de altitude, distintos tipos de microorganismos.
E poderiades dicir, e que?
Pois se como eles afirman non é posible para organismos tan pequenos chegar a esa altitude dende a Terra, sería a primeira vez que se demostraría a entrada no noso planeta de vida extraterrestre.
Botádelle unha ollada á nova:
PANSPERMIA
                                                  Organismo atopado na estratosfera
Leer más...

jueves, 24 de octubre de 2013

TECIDOS ANIMAIS

Os de bacharelato podedes acceder fácilmente ó tema de tecidos animais premendo na seguinte ligazón:
TECIDOS ANIMAIS


Leer más...

viernes, 18 de octubre de 2013

MANTEMENTO DA VIDA

Os de 2º da ESO xa tedes a vosa disposición o primeiro tema na seguinte ligazón:
Mantemento da vida


Leer más...

viernes, 11 de octubre de 2013

A Célula

Os de 1º de Bacharelato xa tedes a vosa disposición a segunda parte do tema da organización dos seres vivos: A célula. Premede na seguinte ligazón:
A Célula


Leer más...

domingo, 29 de septiembre de 2013

TEMA: ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DOS SERES VIVOS

Xa podedes descargar a primeira parte do tema 1que inclúe os niveis de organización e a base química da vida. Premede na seguinte ligazón:
Organización e estrutura parte I


Leer más...

viernes, 6 de septiembre de 2013

NEANDERTALES E SAPIENS NA COVA DE EIRÓS

Para retomar con forzas o novo curso que xa temos enriba imos aprender algo sobre o Paleolítico galego.
A cova de Eirós (Triacastela, Lugo) foi utilizada en distintos períodos por Homo sapiens e Homo neanderthalensis; por que é importante isto?
Primeiro, porque apenas hai excavacións neandertales en Galicia, e segundo porque atopar restos fósiles destas dúas especies no mesmo lugar posibilita o estudo das semellanzas e diferenzas entre elas e axudaranos a entender mellor porque unha delas, sapiens, sobreviviu mentras que a outra quedou no camiño.
Botádelle unha ollada a nova: Sapiens e Neandertales na cova de Eirós

Leer más...

domingo, 2 de junio de 2013

CAPAS FLUIDAS DA TERRA

Aquí tedes o último tema, só inclúe atmosfera e hidrosfera que será o último que vexamos:
Capas fluidas da Terra
Leer más...

CAPAS FLUIDAS DA TERRA AGRUPAMENTO

Xa podedes acceder ao tema das capas fluidas da Terra (atmosfera e hidrosfera) que será o último que imos ver:
Capas fluidas Terra Agrupamento
Leer más...