domingo, 24 de mayo de 2015

CUESTIÓN ORIENTATIVAS UNIDADE 4

Déixovos colgadas na seguinte ligazón, as cuestións orientativas do tema "Vivir máis, vivir mellor". Debido a falta de tempo, no exame da 3º avaliación definitivamente decidín non incluir o último tema, "Manexando as claves da vida", aínda que tentaremos comentar algúns aspectos do mesmo nas clases que nos quedan.
Premede na ligazón:
Cuestións unidade 4

Leer más...

sábado, 16 de mayo de 2015

DATAS EXAMES CMC E 1º BIO

Se premedes na seguinte ligazón mostravos as datas de exames das materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo e de Bioloxía de 1º :
Datas exames
Leer más...

domingo, 19 de abril de 2015

MANEXANDO AS CLAVES DA VIDA

 Podedes descargar na seguinte ligazón o último tema que veremos en CMC. Tentei resumilo todo o posible, se fose preciso (polo tema do tempo de que dispoñemos) falaremos dalgunhas cousas na clase e remarcarei o máis salientable para facilitarvos o estudo. Premede na ligazón:
Manexando as claves da vida
Leer más...

domingo, 12 de abril de 2015

lunes, 6 de abril de 2015

HOMO QUE...?

Un equipo de paleontólogos da Universidade Max Planck ven de descubrir unha nova especie de Homo contemporánea de Homo erectus africano (ergaster) e Homo habilis.
Botádelle unha ollada á nova:
Unha nova especie de Homo

Leer más...

jueves, 19 de marzo de 2015

E TI, DE QUEN VES SENDO?

Tamén nesta semana vense de publicar un bo exemplo da utilidade das probas moleculares (os denominados reloxos moleculares) para resolver enigmas evolutivos.
No caso que nos ocupa un enigma que persisitía durante 180 anos, cando o "amigo" Darwin visitou a bordo Beagle o cono sur.
Botádelle unha ollada á ligazón para saber máis:
Resolto o enigma dos ungulados sudamericanos


Leer más...

SEGUIMOS A VOLTAS COA ORIXE DA VIDA

Na clase vimos de explicar as teorías máis importantes e aceptadas sobre a orixe da vida. Na seguinte ligazón tedes unha nova desta semana relacionada co asunto.
A solución a orixe da vida?
Neste caso un equipo de científicos veñen de demostrar a posibilidade de crear precursores dos ácidos nucleicos en condicóns de laboratorio a partires de sulfuro de hidróxeno, cianuro de hidróxeno e luz ultravioleta. De onde sae esta materia e enerxía?
Segundo eles poderíase explicar a existencia do cianuro mediante a reaccións de materiais procedentes de meteoritos e o nitróxeno atmosferico. A mestura coa auga posibilitaría o contacto co sulfuro e como xa sabedes a luz ultravioleta chegaba a  superficie terrestre, nestes momento da historia do noso planeta, cunha grande intensidade.
Leer más...

lunes, 5 de enero de 2015

A HERDANZA DO VENTO

Nos seguintes vídeos podedes ver un par de fragmentos da película " A Herdanza do vento" que reflicten as claras a confrontación fixismo-evolucionismo
Leer más...

miércoles, 10 de diciembre de 2014

A CÉLULA- NOTAS DA 1º AVALIACIÓN

Dende a seguinte ligazón xa podedes descargar o novo tema de Bioloxía:
A CÉLULA


En relación as notas de CMC e Bio da 1º Avaliación, alguen me pediu que avisara cando se foran a colgar. Fai un par de días que as enviei o centro, polo que xa deberían estar colgadas no taboleiro do Departamento de Bioloxía.
Como xa vos comentei, non vou estar esta dúas semanas, pero dende hoxe constame que tedes profesor substituto polo que debedes asistir a clase igualmente.
Leer más...

jueves, 13 de noviembre de 2014

A ESA PON PÉ NUN COMETA

A Axencia Espacial Europea (ESA) ven de facer historia na investigación espacial ao dispoñer onte unha sonda (sonda Philae procedente da nave Rosetta) sobre a superficie dun cometa.
Para saber máis sobre a misión premede nas seguintes ligazóns:
Rosetta
Vídeo aterrizaje no cometa
Para coñecer mellor o o cometa 67 P:
Cometa 67 P


Leer más...

domingo, 9 de noviembre de 2014

CUESTIÓNS PREPARATIVAS UNIDADES 0 E 1 CMC

Na seguinte ligazón hai cuestións de repaso dos temas 0 E 1 de CMC para axudarvos a preparar o exame.
Cuestións Ciencia e Universo


Leer más...

lunes, 3 de noviembre de 2014

A DINÁMICA INTERNA DO NOSO PLANETA

Os de Ciencias para o Mundo Contemporáneo podedes xa descargar dende esta ligazón o tema seguinte adicado a dinámica interna da Terra:
Dinámica terrestre

Leer más...

domingo, 12 de octubre de 2014

A TERRA NO UNIVERSO

Dende a seguinte ligazón xa podedes acceder os de CMC ao tema que comezaremos esta semana, o Universo. Premede abaixo para ver o tema:
A TERRA NO UNIVERSO


Leer más...

viernes, 19 de septiembre de 2014

lunes, 25 de agosto de 2014

O PROBLEMA DAS ESPECIES INVASORAS: A AVESPA ASIÁTICA

A avespa asiática (na península temos a subespecie vespa velutina nigrithorax) constitúe xa un problema serio na nosa terra e en boa parte do norte peninsular.
A Orixe:
Estas avespas procedentes de Asia (da China ata a India) parece que desembarcaron, e nunca mellor dito, en Europa a través dun barco con produtos de alfarería chinés que atracou en Burdeos (Francia) no ano 2005.
A súa presenza no noso país detectouse por primeira vez no 2010 en Guipúzcoa, na actualidade exténdese por todo o norte peninsular, hai citas por todo o cantábrico e no norte de Portugal dende o 2012.
En Galicia supón xa unha problemática importante na costa da mariña lucense e comezan a aparecer rexistros noutras zonas da costa da provincia da Coruña (Cedeira, Oleiros...). O seu avance prodúcese fundamentalente a través das rexións costeiras ou próximas a elas.
Por que supoñen un perigo?
O problema das especies invasoras como é este caso reflíctese en moitos casos nunha ruptura do equilibrio ecolóxico respecto ao novo medio colonizado. O ecosistema non dispón de mecanismos de control da nova especie. Se a especie invasora, como é o caso da avespa asiática, adáptase ben ao novo hábitat (o clima do oeste europeo é similar ás localizacións orixinarias da vespa velutina) soe afectar a algúns compoñentes do ecosistema invadido, sobre todo bióticos (outras especies).
A avespa asiática adulta aliméntase fundamentalmente de froita, pero preda distintas especies de insectos para alimentar as súas larvas (outras vespas, formigas, bolboretas...), e é unha verdadeira especialista en depredar abellas (entre o 30 e o 80% da dieta larval). Como é sinxelo deducir, o ataque específico sobre as abellas ten consecuencias nefastas para o sector apícola, sobre todo tendo en conta que as nosas abellas melíferas non desenvolveron todavía mecanismos de defensa (típico efecto das especies invasoras).
Sabemos que unhas poucas avespas (arredor de cinco) son suficientes para acabar cunha colmea enteira. A estratexia de ataque consiste en esperar en voó estático á entrada da colmea a chegada das abellas, incluso introdúcense dentro para atrapar as súas presas.. Cando atrapan as abellas secciónanlles a cabeza e o aguillón e lévanas ao avesporeiro para alimentar as súas larvas.
Respecto a súa picadura, non supoñen un risco moi diferente á dun avespón (vespa crabo). A principal problemática dase en persoas alérxicas ou a un ataque masivo (moitas picaduras). Os ataques masivos prodúcense coa cercanía ao avesporeiro, pero como éste soe atoparse nas partes altas das árbores a perigosidade vese moi diminuida.
Por que non supoñen un problema para as abellas asiáticas?
Como xa comentamos o problema da aparición nunha zona dunha especie invasora é a falta de factores ecolóxicos de control e a inexistencia de mecanismos coevolutivos entre as especies. Precisamente esto último é un dos puntos claves para comprender a relación de equilibrio entres estas avespas e as abellas da súa rexión de orixe. As abellas destas zonas desenvolveron un mecanismo de defensa baseado no traballo en equipo.Cando estas abellas sofren un ataque por parte destas avespas rápidamente introdúcense na colmea, alí agrúpanse e rodean ao invasor, ao mesmo tempo todas comezan a batir as súas ás a un tempo provocando un ascenso da temperatura da colmea. Parece que este mecanismo é moi eficaz (provoca a morte do depredador) porque as abellas resisten mellor este ascenso térmico (soportan ata 50ºC).
Ciclo Biolóxico
Durante o inverno as raíñas hibernan en grietas de rochas, de cortiza das árbores... a finais do inverno e principios da primaveira (ascende a temperatura) cada raíña funda un novo niño. Estas avespas fundadoras fabrican nun principio un niño pequeno, pero a medida que saen obreiras vaise ampliando ata alcanzar unha formación máis ou menos esférica duns 45 cm de altura. Un niño grande pode chegar a ter 10000 crías e unhas 1500 obreiras. Este avesporeiro diferénciase fácilmente do feito polo avespón (vespa crabo), porque ten un orificio de entrada lateral, mentras que no avespón a entrada atópase na base.

Avesporeiro de v.velutina
Fotografía extraída de: http://controldeplagassanidadambiental.blogspot.com.es/2013/04/avispa-asiatica-o-vespa-velutina.html

A finais do verán comezan a aparecer os machos e as primeiras femias fecundadas, éstas serán as novas raíñas que fundaran novas colonias o ano seguinte tras a diapausa. A raiña orixinal morrerá.
Como a diferenciamos doutras especies?
Debido ao seu tamaño (obreiras 3 cm) pódese confundir co avespón europeo ou común (vespa crabo) e coa scolia (Megascolia maculata) ambalas dúas de maior tamano que a velutina (arredor dos 4 cm ou máis). Ademais a scolia non fai avesporeiros e o avespón fainos, como xa dixemos cunha apertura na parte baixa.
O avespón é ademais máis colorido (vermellos e amarelos a franxas) e a scolia posúen dúas bandas amarelas, mentras que na velutina predominan as cores escuras (so o 4º segmento do abdome de cor amarelo).
Vespa crabo
Licencia de Creative Commons
Vespa crabo by Lilly M is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Megascolia maculata
Licencia de Creative Commons
Megascolia maculata by Tranquillegroupil is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.

Para ver a diferenza coas outras dúas especies aquí vos deixo unhas fotos de exemplares recollidos por Daniel Montero en Cedeira (A Coruña) neste mes:
Vespa velutina nigrithorax

Vespa velutina nigrithorax
Licencia de Creative Commons
Vespa velutina nigrithorax by Ricardo Ferreiro is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Que podemos facer?
A primeira opción é localizar o niño, que normalmente é complicado debido a que, como xa comentamos, soe estar nas copas das árbores ou en construccións a certa altitude. En todo caso, se o conseguimos non se recomenda baixo ningunha circunstancia afrontar por nós mesmos a retirada do avesporeiro, xa que pode conducir a un ataque masivo das súas inquilinas. Ademais unha mala manipulación do niño de xeito que poidan escapar as obreiras posibilita que cada unha delas poida ser unha nova raíña fundadora (control hormonal) que expanda o problema. Por iso é recomendable retirar o avesporeiro, a ser posible nas súas primeiras fases cando non posúen tantos individuos.Convén avisar a emerxencias, en Galiza parecen ser os bombeiros os principais encargados desta tarefa.
A outra opción para controlar a poboación é o trampeo durante todo o ano, especialmente a finais do verán cando comezan a saír as novas raíñas. Dende a asociación de apicultores de Galicia ofrécennnos información sobre os sistemas de trampeo. Unha sinxela botella de auga, cortada en dúas partes, coa superior colocada en forma de embudo é suficiente. Temos que dispoñer sobre o embudo algún dispositivo a xeito de tellado, para evitar que a chuvia rechee o interior. Dentro da botella o máis recomendado é empregar viño  ou cervexa (sobre todo negra), debemos evitar dispoñer líquidos azucarados que poderían atraer outros visitantes non desexados como as nosas queridas abellas.
Non recomendo o uso de insecticidas por razóns obvias, danan os nosos insectos autóctonos e do que se trata é de manter o equilibrio ecolóxico do noso ecosistema.
Creo que este exemplo tan actual reflicte as claras os efectos nocivos da invasión de especies alóctonas, dos que somos responsables (como no caso que nos ocupa) case sempre en maior ou menor medida.
Así que lembrade, non se poden liberar sen máis animais ou plantas exóticas ao medio natural, esto implica por exemplo non soltar no río esa carpiña chinesa que creceu demasiado e xa non entra no noso acuario. En Galicia por desgraza, coñecemos xa problemas claros e anteriores aos das avespas asiáticas, tanto na flora (a uña de gato carpobrotus edulis distribuida por amplas rexións da costa galega) como na fauna (cangrexo americano Procambarus clarkii que podedes atopar fácilmente por exemplo no encoro de Cecebre na provincia da Coruña).
Como ben decía o amigo Stan Lee en Spiderman: "un gran poder conleva, unha grande responsabilidade".
Para que vexades que a problemática está a orde do día, botádolle unha ollada as novas, pero sempre tede unha actitude crítica, dende o punto de vista científico a información que vos chega:
http://www.abc.es/local-galicia/20140819/abci-avispas-asiaticas-201408191416.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/08/21/53f5db63268e3e064f8b4577.html
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/08/17/aparicion-nuevo-nido-avispas-asiaticas/1076917.html

Ligazóns que vos poden interesar:
http://es.wikipedia.org/wiki/Vespa_velutina
http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/B0C6AD7C-D751-4843-9B4E-3CF786B98049/0/espacies_exoticas_invasoras.pdf
http://www.apiculturagalega.org/
http://blog.creaf.cat/es/conocimiento/la-amenaza-de-la-avispa-asiatica-llega-a-cataluna/ este inclúe un video do comportamento fronte a colmea.
http://blog.creaf.cat/es/conocimiento/como-afrontar-la-amenaza-de-la-avispa-asiatica/



Leer más...

miércoles, 13 de agosto de 2014

TRABALLOS E CONCLUSIÓNS DO PROXECTO RÍOS

Xa tedes no blog do Valiñadares (tedes unha ligazón a éste a vosa esquerda na sección blogs de interese) os vosos traballos e as conclusións finais. Fixádevos ben nas conclusións. A maioría delas foron as que comentamos na clase, pero quero que prestedes atención a como debería facerse (como se redacta, como establecemos as posibles expicacións aos resultados que obtivemos, como organizar as ideas...).
Foi unha pena non dispor de máis tempo para este tema na clase, pero espero que fose unha activiadade amena que nos permitíu aprender dun xeito diferente.
Non vos amolo máis, seguide desfrutando das vosas vacacións!
Leer más...