Aquí tedes un novo vídeo, que como todos os de Eduard Punset, é unha experiencia visual. Aprendendo un pouco máis de nós mesmos e do noso futuro. Premede na ligazón:
Os de 2º de bacharelato podedes acceder na aula virtual do centro a parte que faltaba. Perdoade o retraso, pero estos días foron imposibles. Espero que vos sirva de algo no repaso e moitísima sorte para mañá. Xa sabedes que tedes toda a miña enerxía positiva.
Para os de 2º Bacharelato vos acabo de deixar algunhas orientacións na aula virtual do centro (abaixo de todo) do tema 1 ata o 10 co que eu considero máis importante para as probas. Se me dera tempo entre mañá e pasado colgaría a segunda parte. Moito ánimo chicos, que vos podedes!
O biólogo español Francis Mojica da Universidade de Alicante podería optar ao prestixioso premio Nobel de Medicina polo seu descubrimento dun "editor de xenes" que posúen as bacterias de xeito natural para protexerse das infeccións víricas. Algo así como o "seu sistema inmunolóxico".
O interesante deste achado ademais é que este "editor" de xenes que permite o "corta-pega" pode aplicarse a células eucariotas como desmostraon xa os equipos investigadores de Emmanuelle Charpentier da Universidade de Umea e Jennifer Doudna da Universidade de California abrindo un abano enorme de posibilidades no tratamento de moitas enfermidades. Se queres saber máis bota unha ollada a seguinte ligazón: Un Biólogo de Nobel