Aquí tedes a ligazón a un vídeo que resume a idea da xeración espontánea e os experimentos de Redi, Sapallanzani e Pasteur para desterrar da comunidade científica a idea da xeración da vida a partir da materia inerte.
Xa tedes nas presentacións do profesor a primeira parte do tema dos lípidos (lípidos saponificables). Para acceder premede na seguinte ligazón: presentacións
Para atopalo ide a "documentos". Se tedes algún problema avisádeme.
O planeta Tatooine é un o planeta imaxinario con dous soles que aparece na saga da Guerra das Galaxias de George Lucas. Pois ben, científicos do instituto SETI veñen de captar o movemento dun planeta arredor dos seus dous soles a través do telescopio Kepler. As veces a realidade supera a ficción.
España segue á cabeza dos paises que incumpren reiteradamente os umbrais establecidos para contaminantes atmosféricos, neste caso o ozono troposférico. Botádelle unha ollada á ligazón: Contaminación por Ozono troposférico
Despois de ler este artigo debedes resumilo en tres ideas clave e expresar a vosa opinión (non máis de media carilla).
A problemática ambiental na ría do Burgo, non é debida en exclusividade a verteduras puntuais, como a de fai uns días de queroseno, senón a vertidos principalmente de fecais, que deterioran o medio en maior grao, pola súa continuidade no tempo. Neste artigo aparecido nun xornal resúmese, o meu entender, moi ben cal é a situación: Situación da ría do Burgo
A organización IGUALDAD ANIMAL ven de denunciar a oito zoolóxicos españois polas condicións de vida dos seus animais. Zoolóxicos españois denunciados
Dende fai xa anos o deseño e a funcionalidade dos zoolóxicos está a cambiar. Os espazos de confinamento son de maiores dimensións, elimínanse as tradicionais gaiolas con barrotes por barreiras naturais ou creadas artificialmente (uso de distintas alturas, cursos de auga...), son centros de investigación da fauna autóctona e alóctona..., pero é suficiente?. Credes que son xustificables?. Son útiles?. Fomentan o conservacionismo ou o coleccionismo?. En definitiva, cal é a vosa opinión o respecto?
Respostade agora as seguintes cuestións:
1. Que é un burato negro?
2. Por que di no artigo que traga unha estrela?
3. Onde situarías os buratos negros dentro da evolución estelar?
Podedes axudarvos das ligazóns de interese no blog ou pescudar a información na rede a través de google ou outros buscadores.
Atopan o corpo dunha lura xigante en augas de Tenerife.
Podédes ver o vídeo na ligazón Lura Xigante e despois respostade as seguintes cuestións:
1) Que tipo de animal é?
2) Onde pensas que vive?
3) Sabias que pode chegar a estes tamaños?
Científicos de diversas nacionalidades veñen de descubrir un novo planeta de diamante xirando solidariamente cunha estrela de neutróns (sistema binario). Atoparedes a nova completa na seguinte ligazón: Planeta de diamante
Os museos científicos coruñeses poñen a nosa disposición material divulgativo de primeira liña a través da rede. Que o disfrutedes: http://mc2coruna.org/emuseo/
No xacemento de Valdavara (Becerreá, Lugo) atopamos fósiles de animais que viviron na nosa terra fai moito tempo e que foron coetáneos do home de neandertal. Clicade no link para ver a nova: Fósiles de Valdavara
Xa tedes a vosa disposición o tema de Ecosistemas, onde tamén facemos unha breve referencia ós ecosistemas galegos máis característicos. Presentacións do profesor
Na zona de depósitos de estériles de mina de lignito das Pontes (A Coruña) veñen de fotografiar a un visitante inesperado, botádelle unha ollada a nova do link:
Xa vedes que os problemas de contaminación os temos ben preto, as veces por irresponsabilidade, outras por deixadez, exceso de confianza, abaratamento de costes... Aínda estamos máis pendentes de evitar os danos que as responsabilidades que deberan depurarse ao seu tempo; como no momento que nos ocupa, depurando as augas dun humidal que é zona LIC. Non seremos todavía demasiado febles na aplicación da normativa, que a hai, para que continúen sucedendo estos episodios que minan pouco a pouco ou incluso as veces moito a moito unha riqueza natural que é de todos e para todos. Botádelle unha ollada a noticia: Contaminación no humidal do río Ladra