viernes, 29 de enero de 2016

VENDO O NÚCLEO DO ASUNTO

Os de 4º veñen de facer as súas primeiras preparacións para observar os núcleos de raiciñas de cebola en crecemento. O tempo quedounos algo curto, pero voltaremos en breve a pescudar nas nosas mostras esas células que están a dividirse.
Así o pasaban eles:


E esto foi o que fumos atopando:


E dende aquí queridos alumnos anímovos a que me fagades chegar as fotos das vosas preparacións.
Unha cousa máis, importante os guións das súas prácticas que fixemos: "obtención de ADN" e "Mitose" estarán colgados na aula virtual do centro para que os poidades consultar.
Un saúdo e bo fin de semana a todos!
Leer más...

sábado, 23 de enero de 2016

CONSTRUÍNDO UN MODELO DO ADN

Os alumnos de 1º Bacharaleto da materia de Cultura Científica do I.E.S. María Casares veñen de traballar nun modelo a escala da molécula do ADN. Todo elo foi posible gracias a colaboración de Gerardo (antigo compañeiro no IES) e a empresa "DNA didactic" que nos facilitaron as pezas para a montaxe e nos explicaron marabillosamente ben como construir o noso modelo a escala e un sinfín de curiosidades sobre a molécula da vida. Moitas Grazas por todo Gerardo!
 Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos na clase:





Leer más...

jueves, 21 de enero de 2016

FOTOGRAFÍA DA NATUREZA

A quen vos guste a fotografía da natureza non dubidedes en premer na nova ligazón "Fotografía da natureza (CA.IMA.NA) dentro da sección "Blogs de interese". Ademais de que o blogue é dun bo amigo, é tamén un excelente naturalista. As últimas fotos colgadas dunha lontra en Valdoviño son espectaculares.

Se queredes ver máis ide a sección "Blogs de interese" nas lapelas da dereita abaixo
Leer más...

ORIXE DA VIDA E EVOLUCIÓN

Aquí tedes o novo tema os alumnos de 4º da ESO. Premede na ligazón:
Orixe e evolución


Leer más...